FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Lingua Galega
Exposición "Arte no Mercado"
Enviado por Serafín o Mar, 09/05/2017 - 15:26TAREFA: Martes, 9 de maio.
Abre os arquivos adxuntos e completa a información da cartela.
Entrevista a SÉS por Carolina Fernández (4.º ESO)
Enviado por admin o Lun, 20/02/2017 - 21:57Recomendamos a seguinte entrevista publicada no blogue Galilandia:
Modalidades oracionais (1º ESO)
Enviado por Serafín o Mar, 08/11/2016 - 16:21A través da modalidade do enunciado, o emisor transmítelle á persoa destinataria da mensaxe a súa actitude perante esta.
Repasa o libro de texto (páxina 17):
Preme na imaxe para comezar os exercicios:
(Se non funciona: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/repositorio/cont/modalidades-oracionais)
Programa de radio "Escala na Escola" (14 de marzo, 2016)
Enviado por admin o Mar, 15/03/2016 - 00:49Gravación experimental da sesión dedicada á radio dentro do programa "Escala na Escola".
9:00 minutes (10.94 MB)
Día de Rosalía (24 de febreiro)
Enviado por admin o Ven, 26/02/2016 - 19:37Gravación de varias estrofas do poema inicial de Cantares Gallegos realizada polos alumnos e alumnas de 1.º ESO-B no día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro de 2016.
Tradución da "Negra sombra" por Nadine, auxiliar de conversa no programa CUALE:
1:08 minutes (1.07 MB)
O Club de Lectura na Revista Galega do Ensino
Enviado por admin o Sáb, 20/12/2014 - 14:41Para coñecerdes a historia do club de lectura, non perdades a lectura deste emotivo artigo publicado en Eduga (Revista Galega do Ensino). Descubride quen é a Polgariña que ao longo dos últimos cinco anos foi deixando pequenas sementes de grandes iniciativas de animación á lectura no instituto.
Eduga (Revista Galega do Ensino), n.º 68 / xullo-decembro 2014
Tarde de cine coa Esmorga
Enviado por iseoane o Xov, 27/11/2014 - 19:54Alumnado de 4.º ESO coa profesora Isabel S. na proxección da versión cinematográfica d'A Esmorga.
Anuncios publicitarios (1.º ESO)
Enviado por Serafín o Xov, 29/05/2014 - 19:09Logo da estrea no pasado Festival das Letras, presentamos a media ducia de anuncios gravados polos "creativos e creativas" de 1.º ESO. A súa realización foi o produto final da unidade final levada a cabo durante as prácticas de mestrado da profesora Beatriz M. Vilasánchez.
Selecciona na Lista de Reprodución cada un dos vídeos ou accede pola ligazón:
Fregosecadora, Rebentabechos, Polbeitor 6000,
Caramelízate, Gominola mola, Power batido.
Festival das Letras Galegas
Enviado por admin o Lun, 26/05/2014 - 23:55Gravacións:
- "Negra sombra" por Noelia Calvo ao saxo.
- "La bella Lola" por María, Nuria, Adriana, Raquel, Lupa, Sergio, Jorge, Juan e Pablo (Grupo de Frautas de 3.º ESO).
- "Romeo e Xulieta" BS por Javier Maceiras e Iria Regueiro.
- "O derradeiro mohicano" BS por María, Nuria, Adriana, Raquel, Lupa, Sergio, Jorge, Juan e Pablo (Grupo de Frautas de 3.º ESO).
- "And I'm telling you..." por Javier Maceiras
Ligazón ao álbum sonoro
Festival das Letras
Premios Novos Talentos de Relato Curto
Enviado por admin o Sáb, 08/06/2013 - 15:37O alumnado de 2.º ESO participou con éxito nos concursos literarios convocados por Coca-Cola en galego e en castelán. En ambas as linguas resultamos ben clasificados. En castelán, dous alumnos do centro figuraron entre premiados da zona de Ferrol.
- 53.º Premio Nuevos Talentos de Relato Corto
Pablo J. Rañales (1.º- Ferrol) e Alberto Pérez (6.º-Ferrol)
- 5.º Premio Novos Talentos de Relato Curto
Pablo J. Rañales (1º-Ferrol)
Concursos do Concello de Mugardos
Enviado por admin o Xov, 14/03/2013 - 21:14
XI CONCURSO DE RELATO CURTO EN GALEGO
Bases XI Certame de relato curto en galego Concello de Mugardos.pdf
XVI CONCURSO DE CARTEIS. LEMA: XXIII FESTA DO POLBO
Bases Concurso de carteis Festa do Polbo.pdf
Acollendo en galego
Enviado por admin o Lun, 31/12/2012 - 12:50
Montaxe realizada pola Secretaria Xeral de Política Lingüística.
Polo minuto 6' aparecen alumnos do noso instituto.
CONCURSO DE CABAZAS
Enviado por iseoane o Sáb, 20/10/2012 - 19:15
|
|
CONCURSO DE CABAZAS
Organizan: Biblioteca e Equipo de Dinamización Lingüística. |
|
Premio "Obradoiro de vídeo"
Enviado por admin o Ven, 10/08/2012 - 22:01
Premio "Obradoiro de vídeo" |
Entrevista aos autores |
Premio "Obradoiro de vídeo"
Enviado por admin o Dom, 22/07/2012 - 12:02
1º Premio O vídeo titulado "Rebato", realizado por alumnos do noso centro, resultou gañador do concurso organizado pola Deputación da Coruña e a produtora cinematográfica IB Cinema. O traballo foi promovido polo Equipo de Dinamización Lingüística dentro do Obradoiro de edición de vídeo impartido no instituto o 24 e 25 de abril polo director de cine Xosé Zapata. |
AS NOSAS PALABRAS COBRAN VIDA
Enviado por iseoane o Xov, 21/06/2012 - 23:19Os alumnos de 1º ESO, vestidos de palabra, baixaron á vila de Mugardos a recompilar novas compañeiras a cambio de flores e pegatinas. Asemade repartiron no comercio mugardés un tríptico realizado pola Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística co obxectivo de fomentar o uso do galego neste sector.
Grazas a todos os mugardeses que colaborastes na actividade agasallando a cada cativo con unha ou varias palabras.
Equipo de Dinamización Lingüística e Biblioteca.
O galego darache de comer
Enviado por admin o Mér, 23/05/2012 - 17:09A cafetería promociona o uso do galego.
Fala con Sindo.
Gaña o teu pincho.
Concursos do Concello de Mugardos
Enviado por admin o Mar, 21/02/2012 - 22:46O Concello de Mugardos anuncia os concursos artísticos que se fallarán nos próximos meses. A maioría deles está aberto aos menores de 18 anos. Consulta as bases:
V Concurso de Poesía Concello de Mugardos - Día da Poesía (21 de marzo)
XV Concurso de carteis da Festa do Polbo
Concurso de repostería. Sobremesas de Entroido
Enviado por iseoane o Lun, 13/02/2012 - 16:54BASES DO CONCURSO |
Sobremesas de Entroido
A participación ha de ser por clases.
Elaboraranse sobremesas típicas de entroido.
Deben colocarse nun soporte (bandexa, cesta, caixa…), adornado con motivos propios destas festas.
Incluirase tamén a receita dunha das sobremesas a ordenador, redactada en galego e noutra linguas, a escoller: francés, inglés, italiano, catalán, éuscaro ou portugués. E unha fotografía que recolla o momento da elaboración. Tanto a fotografía como a receita irán dentro dunha funda de plástico.
Hai que presentalas o venres 17 de febreiro no segundo recreo, nas mesas instaladas diante da cafetería.
Un xurado composto de alumnos e membros do Equipo de Dinamización Lingüística xulgaraas.
Valorarase a calidade das sobremesas, a presentación das receitas e a orixinalidade da decoración.
O premio consistirá nun vale para unha consumición gratuíta (bocata e bebida) para o grupo gañador, o venres 24 de marzo na cafetería do centro.
Cada grupo poderá degustar as sobremesa que elaborou para o concurso na última hora de clase.
|
Día de San Valentín
Enviado por iseoane o Lun, 13/02/2012 - 16:32
Día de San Valentín Cartas de amor en galego |
•1. Cada alumno só pode enviar unha carta.
•2. Debe ir en sobre pechado, indicando por fóra o destinatario.
•3. Encargarase de recollelas o delegado de cada clase apuntando quen a envía e a quen vai dirixida. Logo introduciraas, o martes 14 de febreiro, na caixa de correoinstalada diante da cafetería.
4. Repartiranse despois do 2º recreo.
Equipo de Dinamización Lingüística. 2012.
|
CANTIGUEANDO POLO NADAL
Enviado por iseoane o Mér, 07/12/2011 - 23:35
CANTIGUEANDO POLO NADAL. CONCURSO DE CANCIÓNS POPULARES E PANXOLIÑAS Animádevos a participar!
Bases do concurso: Participarase por grupos. Cada aula debe escoller unha canción popular ou unha panxoliña en galego. Se non coñecedes ningunha, no arquivo que se achega podedes ver unha pequena selección de cancións. As panxoliñas podedes buscalas en internet nos seguintes enlaces: http://www.mundogaliza.com/todomusica/index.php/2008/10/23/panxolinas-en-youtube/ e http://vello.vieiros.com/nadal2001/panxolinhas.html Debe participar toda a clase. A elección da canción ou panxoliña, unha vez realizada na clase, comunicarase ó Equipo de Dinamización Lingüística, a través do delegado, nunha reunión que terá lugar o venres 9 de decembro durante o primeiro recreo no salón de actos. Cada canción das propostas leva un enlace para poder escoitalas, por se non coñecedes a música, pero poden interpretarse dese xeito ou facer unha versión, por exemplo rapeada. O concurso terá lugar no salón de actos, o día 21 de decembro ó final da mañá. A aula que non participe deberá asistir á clase da materia correspondente. Equipo de Dinamización Lingüística |
Linguas e máis linguas (webquest)
Enviado por Serafín o Xov, 01/12/2011 - 00:47Para dar resposta ás cuestións das páxinas 21, 41 e 61 do libro de texto que requiren a consulta de enciclopedias, dicionarios e tradudores na intertet, estas son as páxinas que debemos consultar:
Linguamón (A Casa das Linguas)
Loia (1 e 2)
Dicionarios:
Tradutores:
Tradutor con voz (Text to speech)
E xa postos tamén podemos resolver doadamente a seguinte caza do tesouro: http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/caza/soporte_derecha_c.php?id_actividad=80&id_pagina=1 |
Nos tempos rebeldes de María Castaña
Enviado por Serafín o Xov, 10/11/2011 - 22:10De seguro que tes oído e mesmo empregado a expresión "do tempo de maricastaña" referida a acontecementos de hai moitos, moitos anos. Pois esta María Castaña existiu de verdade e era galega. Propómosche coñecer a súa historia nestas dúas ligazóns con dous xeitos de abordar o asunto.
TAREFA: Le con atención ambos os textos e completa o cuestionario.
Páxina do Consello da Cultura Galega. Biografía de mulleres galegas ou relacionadas con Galicia. |
|
En forma de lenda: http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/maria_castana.html |
Dous xeitos de contar a mesma historia da lingua galega
Enviado por Serafín o Mar, 18/10/2011 - 23:49A primeira forma é a Liña do tempo da páxina LOIA, aloxada no portal do Consello da Cultura Galega. Trátase da versión "oficial", por así dicilo, e que che servirá para realizar a tarefa proposta no libro de texto de 2º ESO (Páxina 14; exercicio 1)
Preme sobre a imaxe
A segunda versión da mesma historia con máis humor é a do debuxante PEPE CARREIRO en Historia da Lingua Galega (Do latín ao acento de Burgos).
Tamén existen exemplares do libriño no departamento