A gañadora do Concurso de microrrelatos foi Iria Vázquez Gutiérrez de 2 Bach A.
A gañadora do Concurso de microrrelatos foi Iria Vázquez Gutiérrez de 2 Bach A.
Profesorado |
Alumnado |
Familias |
|||
Ao longo da mañá do martes, 8 de novembro, o pavillón do instituto acolleu o primeiro campionato de remo-ergómetro organizado polo Club do Mar para todos os centros educativos do concello de Mugardos. O alumnado participou por niveis educativos, desde terceiro de primaria ata cuarto de secundaria.
Asemade, estanse a disputar durante os recreos as probas dos Xogos Olímpicos.
Este ano é terrorífico: temos monstros nas catedrais, cabazas peregrinas, cemiterios de peregrinos e a visita da Santa Compaña
Monstros nas catedrais O Camiño de Santiago conta con innumerables construccións románicas nas que escultura e pintura cumprían dúas funcións: decorar e instruir. Nun mundo cheo de analfabetos a imaxe cumpre un rol básico: é o xeito de transmitir as ensinanzas da Igrexa, indicando aos fieis cal é o camiño a seguir para acadar a salvación. Aos visitantes de igrexas e catedrais lembrábaselles con imaxes máis ou menos terroríficas a volta de Cristo á Terra e o xuizo que fará a vivos e mortos, os castigos reservados aos pecadores e os horrores do inferno |
||
Cabazas peregrinas As gañadoras do concurso foron Nuria D. e Mishelle C. Presentaron unhas cabazas que chegaron a Compostela despois de facer o camiño inglés máis dificultoso que ninguén poida imaxinar. Un camiño cheo de desgrazas e desventuras que deixaron a súa pegada nestas pobres cabazas. |
||
|
Cemiterios de peregrinos Na Idade Media o Camiño de Santiago era moi perigoso e moitos peregrinos morreron antes de chegar a Compostela. O alumnado de 3 ESO analiza eses perigos e sitúa no mapa antigos cemiterios nos que moitos peregrinos descansan para siempre. |
O grupo Zënzar ofreceu un concerto no IES de Mugardos o día 7 de outubro no marco da celebración do Día do orgullo Neofalante que se conmemora o 1 de outubro.
|
Que é a HORA DE LER?
Cando?Consulta o calendario. ------------------> A primeira semana de HORA DE LER, a prImeira hora |
NOTA: Non afecta a 1.º e 2.º ESO.
O responsable do terminal de GNL de Mugardos e do gasoducto de Reganosa, Jesús Losada, impartiu esta mañá a lección inaugural do curso 2022-2023 para o alumnado de bacharelato. Na súa exposición esbozou as liñas de traballo da empresa e as oportunidades de traballo e negocio a nivel mundial no sector enerxético. Entre elas as enerxías renovables como o proxecto en marcha da compañía para a produción de hidróxeno verde.
Para todo iso, salientou a importancia da formación e o estudo para competir no mundo laboral co valor engadido de calquera capacitación, desde a aprendizaxe de linguas ata experiencias persoais. Sen esquecerse da necesidade de manter responsablemente os valores éticos e compromiso social.
Agradecemos a Jesús Losada e mais á empresa que fixo posible a súa presenza no instituto coa que damos por inaugurado un novo curso.
O alumnado de 1.º e 2.º ESO percorreu a vila a tarde do martes para repartir polos comercios e locais os carteis da campaña Entérate Mugardos. Trátase dunha campaña de conciencianciación e sensibilización en materia de igualdade e violencia de xénero impulsada polo Concello e na que participaron todos os centros educativos.
O alumnado de 2.º ESO, acompañado dos profesores Mikel Pasabant e José Luis Mayobre, gozou este luns dunha intensa xornada de no Aquapark de Cerceda.
No sorteo do xamón ibérico celebrado no primeiro recreo do venres, 3 de xuño, resultou agraciado número 0783
adquirido pola familia Romero Castro de Mugardos. A gozar do magnífico pernil e o alumando de 4.º e 1.º bacharelato conseguiron
deste xeito un bo finanzamento para a excursión de fin de curso que emprenderán o vindeiro luns. Grazas á ANPA pola colaboración.
O IES de Mugardos en colaboración coa ANPA O Castro acolle o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Trátase de clases de tenis completamente de balde (monitores e materiais) para os nenos e nenas menores de 16 anos. O período de actividade realizarase segundo a elección preliminar das familias entre as entidades suscritas ao programa e meses e horarios dispoñibles. No noso caso comezará no vindeiro mes de xullo polas mañás e continuará polas tardes o primeiro trimestre do vindeiro curso (tardes). O formulario de inscrición permite gran flexibilidade de elección entre horarios e meses.
- Menores de 16 anos.
- Grupos reducidos (entre 4 e 8) formados segundo a idade e logo o nivel.
Pavillón e pista deportiva do instituto
Xullo, en días e quendas de mañá a elixir os días
Setembro, outubro e novembro: de luns a xoves en quendas de tarde a elixir os días
Establécese un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis. Na súa páxina web está dispoñible todo o catálogo de actividades e entidades que as acollen.
Ademais, tamén poderíamos ter esta actividade gratuíta en varios clubs de tenis da zona, sobre todo para o mes de agosto:
A tarde do venres, 20 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2020-2022. Foi un acto emotivo para o alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.
Nesta entrada acharedes información sobre tres importantes aspectos a ter en conta unha vez superada a avaliación:
PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS |
Ademais de solicitar unha revisión dagunha proba con explicacións do profesor/a, todas as cualificacións que consideres non axustadas a un dos seguintes supostos son reclamables:
E ademais poderás facer constar as observacións que consideres oportunas para que sexan tidas en conta na reclamación. Tamén é moi importe o prazo:
A reclamación preséntase por rexistro de secretaría cun modelo de instancia ou o seguinte formulario.
Máis información: |
EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO |
En primeiro lugar, cómpre cubrir correctamento o impreso de pagamento das taxas:
As cantidades dos importes poden ser diferentes segundo a familia:
IMPORTANTE: o resgardo de aboamento na entidade bancaria, debidamente selado, débese entregar na oficina do instituto. |
MATRÍCULA NA ABAU |
TAXAS: Efectuar o pagamento na entidade bancaria. IMPRESO: Cubrir o impreso de matrícula do xeito máis claro e limpo posible. Impreso para pre-matrícula na ABAU (presentar no instituto) |
Horario das probas
Lugar
Comisión Delegada 1142
Escola Universitaria Politécnica. Campus de Serantes. Ferrol
Transporte:
O instituto ofrece autobús desde Ares e Mugardos só para o primeiro día (7 de xuño)
O alumnado de 2.º ESO e FP Básica compartiu este martes a visita a outros centros de ensino. A saída comezou polo CIPF Ferrolterra no que recibiron explicacións sobre os diferentes ciclos que imparten alí. Na segunda parte da xornada desprazáronse ata o CFEA Sergude, un centro especialidado na familia profesional agraria.