Skip to Content

Novidades

VACACIÓNS DE VERÁN

Este centro permanecerá pechado dende o 23 de xullo ata o 26 de agosto, ambos incluídos. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto con nós poden chamar ao teléfono do centro en horario de 11:00 a 13:00 horas.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019. LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO.

No arquivo que se achega poden consultar as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído do fondo solidario de libros de texto para o curso 2018/2019.

As persoas interesadas poderán reclamar nos 2 días seguintes á publicación da listaxe provisional (o prazo remata o 13 de xullo).

As familias que teñan dereito, como mínimo, a 6 libros e non estean pendentes de "matrícula e/ou devolución de libros" poderán recoller o cheque para a adquisición de material escolar a partires

do día 12 de xullo.

 

 

 

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS E MATRÍCULA PARA O CURSO 2018/2019

ENTREGA DE BOLETÍNS:

Os boletíns de notas entregaranse o día 26 de xuño ás 10:00 horas. O servizo de transporte escolar pasará pola primeira parada da ruta ás 9:30 horas e sairá do centro ás 11:00 horas.

As reclamacións poderán realizarse os días 26 e 27 de xuño entre as 10:00 e as 12:00 horas.

 

MATRÍCULA 2018/2019. CONVOCATORIA DE XUÑO.

 

Os prazos e horarios para presentar a matrícula da convocatoria de xuño para o curso 2018/2019 son os seguintes:

 

1º ESO 27 E 28 DE XUÑO (9:30 A 13:00 H.)
2º ESO 29 DE XUÑO E 2 DE XULLO (9:30 A 13:00 H.)
3º ESO 3 E 4 DE XULLO (9:30 A 13:00 H.)
4º ESO 5 E 6 DE XULLO (9:30 A 13:00 H.)

 

O alumnado que teña ata 3 asignaturas pendentes en setembro pode presentar a matrícula nestas datas.

Na documentación que se achega poden atopar os impresos de matrícula de cada curso.

 

DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2017/2018

 

Estimadas familias:

Lembrámoslles que o alumnado deberá devolver os libros recibidos a través do Fondo Solidario na Administración do centro nas seguintes datas:

 

LIBROS DE ASIGNATURAS APROBADAS EN XUÑO
1º E 2º ESO

21 de xuño

3º E 4º ESO

20 de xuño

LIBROS DE ASIGNATURAS APROBADAS EN SETEMBRO
TODOS OS CURSOS

ATA O 5 DE SETEMBRO

 

En caso de dúbida nalgunha asignatura o libro correspondente pódese devolver en setembro.

 

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO

Lembramos que nas instrucións para o desenvolvemento, no curso académico 2017/2018, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, a Dirección Xeral de Educación, F.P e Innovación Educativa establece:

Artigo 12: Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

1. O alumnado que ao terminar a educación secundaria obrigatoria teña avaliación positiva en todas as materias e teña acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes obterá o título de graduado en ESO.

2. Así mesmo, obterá o título aquel alumnado que, unha vez realizadas as probas extraordinarias, finalice a etapa con avaliación negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas e que o equipo docente considere que o alumno ou alumna ten acadados os obxectivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.

A Comisión Pedagóxica do IES de Carral e informado o claustro aprobou avaliar as competencias básicas que estable o decreto 86/2015, do seguinte xeito:

Comunicación lingüística (CCL)
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía(CMCCT)
Competencia dixital (CD)
Aprender a aprender (CAA)
Competencias sociais e cívicas (CSC)
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
Conciencia e expresións culturais (CCEC)
 
Cada materia ten asignada unha porcentaxe calculada en relación coa carga lectiva correspondente para cada competencia. A calificación de cada competencia do/da alumno/a é o resultado da suma ponderada  da nota de cada unha das materias que cursa nese ano escolar. (Ver arquivo) Sendo as calificacións de: insuficiente (IN), para as calificacións negativas, e suficiente (SU), ben (BE), notable (NT) ou sobresaínte (SB) para as calificacións positivas.
 

 

FESTIPÁN 2018

No arquivo que se achega poden consultar o programa do Festipán 2018, organizado polos Departamentos de Inglés, Música e Lingua Galega deste centro e no que participa alumnado de 2º e 3º de E.S.O.

 

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA 2018

Este centro permanecerá pechado do 26 de marzo ao 2 de abril, ámbolos dous días incluídos. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto con nós poden chamar ao teléfono 881960480 en horario de 11:00 a 13:00 horas.

PROCEDEMENTO EN CASO DE CONVOCATORIA DE FOLGA

No ficheiro que se achega poden consultar o procedemento que se seguirá neste centro en caso de convocatoria de folga.

AVISO IMPORTANTE: SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR O DÍA 15 DE SETEMBRO

Comunicamos que o venres 15 de setembro, día de presentación do curso 2017/2018, os buses escolares sairán deste centro para a viaxe de volta sobre as 14:00 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut