Skip to Content

Novidades

O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO AO PÚBLICO.

Debido a situación orixinada polo COVID-19, o centro permanecerá pechado ao público. Calquera trámite que deban realizar farase por vía teléfonica (881960480) ou a través do enderezo electrónico ies.carral@edu.xunta.gal en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

 

 

PECHE DO CENTRO DURANTE 14 DÍAS

Segundo o comunicado realizado polo presidente da Xunta de Galicia nos medios de comunicación, o centro permanecerá pechado obrigatoriamente para o alumnado a partir do luns 16 de marzo e durante 14 días. De tódalas maneiras, a Xunta de Galicia recomenda que o alumnado non asista ao centro mañán, venres 13 de marzo.

TÍTULOS DO ALUMNADO QUE REMATOU A ESO NO CURSO 2017/2018

O alumnado que rematou a ESO no IES de Carral no curso 2017/2018 pode recoller o título correspondente na Administración do centro (horario de 9:00 a 13:00 horas).

ALUMNADO ADMITIDO NO IES DAVID BUJÁN PARA O CURSO 2020/2021

Seguindo instrucións da Consellería de Educación e en base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, a listaxe do alumnado deste centro admitido no IES David Buján para o curso 2020/2021 poderá consultarse polos seguintes medios:

- Taboleiro de anuncios do IES de Carral.

- Aplicación admisionalumnado, empregando a Chave 365 ou o certificado da FNMT.

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

Nos arquivos que se achegan poden atopar a información e o impreso de solicitude relativos ao proceso de admisión de alumnado (non matriculado en centro adscrito) para o vindeiro curso 2020/2021.

ENTROIDO 2020

Este centro permanecerá pechado os días 24 e 26 de febreiro. Lembren que o día 25 é festivo.

RESERVA DE PRAZA NO IES DAVID BUJÁN PARA O CURSO 2020/2021.

 

O vindeiro día 1 de febreiro ábrese o prazo para realizar a reserva de praza no bacharelato para aqueles/as alumnos/as que desexen cursalo no IES David Buján de

Exames de pendentes

VACACIÓNS DE VERÁN

Este centro permanecerá pechado dende o 24 de xullo ata o 27 de agosto, ámbolos dous incluídos. Aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto con nós poden chamar ao teléfono do centro en horario de 11:00 a 13:00 horas.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020.

Nos arquivos que se achegan poden consultar a información relativa á convocatoria do fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir material escolar para o curso 2019/2020. Lembren que o prazo para presentar solicitudes remata o día 21 de xuño de 2019 (este incluido).

Distribuir contido


by Dr. Radut