Skip to Content

Complementarias

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CARTEIS DE CINE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 10 de decembro, tivo lugar entrega de premios ás gañadoras do Concurso de Carteis contra a Violencia de Xénero promovido polo profesor de lingua galega, Anxo Gómez Sánchez. A Concellería de Educación colaborou nos premios do concurso, e a concelleira, Mercedes Caridad López, fixo entrega dos mesmos ás gañadoras: Oliva Lado e Andrea Barreiro, alumnas de 1º ESO.  Parabéns a todos e todas polo voso traballo!

1º PREMIO: "A BELA DURMINTE" (Andrea Barreiro)

2º PREMIO: MATRIX (Oliva Lado)

 

 

ENTREGA DE PREMIOS COS PARTICIPANTES, GAÑADORAS E COLABORADORES DO CONCURSO

OBRADOIRO DE POESÍA CON DORES TEMBRÁS

O luns, 30 de novembro e o martes 31 de novembro, tivo lugar un obradoiro de poesía impartido pola gañadora do certame de poesía do Concello de Carral. Dores Tembrás fixo unha achega á creación poética ao alumnado de 1º ESO, animando a descubrir e achegarse ás diversas manifestacións que ten a poesía. Esta actividade tivo lugar grazas á Concellería de Cultura de Carral e a colaboración do departamento de lingua galega. 

 

CONMEMORACIÓN DO 25N NO CONCELLO DE CARRAL

O 25 de novembro conmemorouse o Dia contra a Violencia de Xénero no Concello de Carral ás 12:00 horas coa colaboración das nosas alumnas de 4º ESO, quen leron un manifesto contra a violencia machista.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut