Skip to Content

Complementarias

GRADUACIÓN, DESPEDIDA A PAUL , XORNADAS DE ORIENTACIÓN E OBRADOIRO DE NUTRICIÓN

Estas semanas están a ser intensas no centro; ao final de curso xuntáronse diversos e emotivos momentos que recollemos neste artigo da nosa web. Ordenados pola data de celebración, destacamos en primeiro lugar a despedida do noso Auxiliar de Conversa en Francés, Paul. Este rapaz da Bretaña fíxose querer no centro e agardamos velo de novo o próximo curso. Case 100 alumnos déronlle unha despedida sorpresa.

 

 

 

O venres 10 de xuño celebrouse o acto de despedida do noso alumnado de 4º da ESO. Recollemos algunhas imaxes dese acto co que despedimos a promoción que nos acompañou desde o 2018 ao 2022:

 

 

 

 E falando de xente que nos acompañou, esta última semana tivemos a sorte de que nos visitaran exalumnos e exalumnas para celebrarmos unha Xornadas de Orientación nas que lle falaron ao noso alumnado máis maior, o de 3º e 4º da ESO: ciclos de FP de grao medio e superior, voluntariado no estranxeiro, Graos universitarios, 1º e 2º de Bacharelato... Unha chea de experiencias que lles agradecemos a todos os exalumnos/as que nos visitaron, e que nos enorgullece que pasaran non hai moito por este centro.

 

E, finalmente, destacamos o Obradoiro de Nutrición e Dietética que impartiu a nosa exalumna Susana Rodríguez para o alumnado de 2º da ESO, no que ademais de explicar o perigo do exceso de azucre, deron alternativas ás pizzas e aos zumes.

 

 

DÍA DA MULLER 2022

SEMANA DE ROSALÍA E DO ENTROIDO 2022

03/03/2022 10:46

A Semana do 23 de febreiro houbo diferentes actividades no IES de Carral. Na web podes ver un resumo das mesmas. Máis información tes no Site Carralengalego https://sites.google.com/view/carralengalego/semana-de-rosal%C3%ADa-entr....

 

O alumnado de 2º da ESO mellora a súa educación vial

A policía local do Concello de Carral organiza varias sesións sobre educación vial ao alumnado de 2º da ESO. A última delas tivo lugar este xoves no Toñito Espìñeira e foi impartida por Martín, todo un exemplo de superación.

 

GAÑADORES DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE OUTONO DO IES DE CARRAL

A seguir ofrecemos a imaxe dos gañadores do I Concurso de Fotografía do Outono. Era unha elección tan difícil que resultaron gañadores 3 alumnos de 2º da ESO: Lara Candal, Dhayala de Lima e Damián Palla Parabéns!

 

 

Gañadores do I torneo de xadrez do IES de Carral

Pablo Quintela, de 1ºB e Trystan de Lima, de 3ºB foron os gañadores do I Torneo de Xadrez do IES de Carral. Parabéns!

 

A San Silvestre no IES de Carral

Modificacións na saída prevista para o luns 17 de outubro

Estimadas familias:

Debido ás condicións meteorolóxicas desta fin de semana, vémonos na obriga de cancelar o roteiro polo Monte Pindo. Porén, a saída de mañá segue en pé, pero con unha nova alternativa.

Sairemos do instituto cara ao Miradoiro de Loureiro para ver as vistas de Carnota, lagoa litoral, duna... Se o tempo o permite, baixaremos ao Faro de Punta Lariño por unha senda moi cómoda. Finalizaremos visitando a Fervenza do Ézaro e, se nos dá tempo, Fisterra.

Para a saída É MOI IMPORTANTE que leven roupa de abrigo e calzado cómodo, chuvasqueiro e unha muda completa (incluído calzado de reposto) por se se mollan. Tamén teñen que levar comida e auga para beber.

Sentimos as molestias.

Un saúdo!

Departamentos de Bioloxía e Música

Distribuir contido


by Dr. Radut