Evitar navegación.
Principal

MARÍA NA BIBLIOEBA

O pasado 4 de xuño visitounos María Wonenburger: a célebre matemática mantivo un entretido coloquio na nosa BIBLIOEBA que leva o seu nome.

Neste acto fíxoselle entrega de diversos recordos así como de todo o cariño do claustro e a admiración do alumnado.

A BIBLIOEBA MARÍA WONENBURGER aspira a difundir aínda máis a ensinanza desta matemática: a muller que superou as trabas dunha sociedade machista e a galega que acada recoñecemento internacional polo tesón e traballo ben feito.

GRAZAS.

Visita a Galería, atoparás fotos do acto.