Evitar navegación.
Principal

AXUDAS FORMACIÓN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2019

Publicada hoxe, 20-02-2019, a orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguin-te ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 

Orde do 4 de febreiro de 2019 (DOG)

Extracto da Orde do 4 de febreiro de 2019 (DOG)

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.