Evitar navegación.
Principal

CHARLA ASOTRAME

 
 

Elena e Raul, da Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea, Asotrame, estiveron o pasado 25 de xaneiro de 2019 no noso centro para dar unha charla de sensibilización co alumnado de 2ºESO dentro do programa “Reflexos de Vida”

Asotrame nace no ano 2.013, cando un grupo de persoas que sufriron algún tipo de cancro hematolóxico, ou familiares dalgunha persoa que o sufríu, ven a necesidade de crear algo que non hai, unha asociación de persoas transplantadas de medula ósea que sirva de apoio para todas as persoas que se ven afectadas por esta enfermidade.

Os obxectivos de Asotrame son informar e sensibilizar ao conxunto da poboación en todo o relacionado coa doazón de medula ósea, proporcionar información, asesoramento e soporte emocional a pacientes de cancro hematolóxico e ós seus familiares, e colaborar en proxectos de investigación acerca do cancro hematolóxico.