Evitar navegación.
Principal

PRIMEIRA REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O pasado luns tivo lugar a primeira reunión do Club de Lectura do IESEBA, coordinado pola profesora de Lingua Castelá e Literatura Raquel Parada.

Acordaron convocar un concurso de logos para elixir a imaxe do Club. Nel poderá participar todo o alumnado do Instituto. Proximamente publicaranse as bases. Ide pensando ideas!

Ademais de elaborar os grupos e elixir os responsables, decidiron comezar coa lectura de “El niño con el pijama de rayas” de Jonh Boyne, sobre o que charlarán o luns 19 de novembro. Dinnos que o pasaron fenomenal e que xa esperan ansiosos a nova reunión!

Parabéns a todos os participantes por este principio tan satisfactorio.