Evitar navegación.
Principal

III Xogos Escolares. 2ª Xornada

Coa disputa de tres encontros, un por cada un dos equipos do centro, completouse a segunda xornada de Fútbol 7 Feminino e Fútbol 11 ESO Masculino dos III Xogos Escolares.

O IES Blanco Amor B feminino protagonizou o martes, nos campos de A Torre, a grande sorpresa da xornada tras acadar un empate a dous tantos coas vixentes campionas do torneo, o IES Eusebio da Guarda. Incluso foi por diante do marcador ata cinco minutos antes de rematar o encontro e dispuxo das oportunidades máis claras. Anotaron Dayana Carvajal e Yuliana Fierro.

O equipo de Fútbol 11 masculino acadou a súa segunda victoria en dous partidos, nos que leva xa quince goles anotados, ao vencer por 5-2 ao IES Eusebio da Guarda, o mércores no campo de A Lavandeira.

O xoves foi o turno do IES Blanco Amor A feminino, nun emotivo partido por enfrentarse ao equipo do IES Universidade Laboral formado por moitas das rapazas que xogaron e estudiaron antes no noso centro. Nun partido moi disputado e de grande calidade entre dous dos máximos aspirantes, o resultado final foi un empate a dous tantos. Anotaron polo noso equipo Ainhoa Iglesias e Sara Iglesias.

 

Ir a clasificación e resultados Fútbol 7 Feminino

Ir a clasificación e resultados Fútbol 11 ESO Masculino