INFORMACIÓN

PROGRAMACIÓNS CURSO 22-23:

 

1 BAC

 

 2 BAC

 

PROBA LIBRE CICLO MEDIO XESTIÓN ADMINISTRATIVA

 

PROBA LIBRE CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

 

PROBA LIBRE CICLO SUPERIOR DE ASISTENICA A DIRECCIÓ

 

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO: Alba Iglesias Vázquez, Inés Pascual Roy e María Alejandra Vázquez López (Xefa do departamento).

NOVOS RECURSOS PARA A APRENDIZAXE DE INGLÉS:

  • MyGrammarLab da Editorial Pearson-Longman: método con libro e recursos en internet e para o móbil. Está centrado na gramática ao tempo que estudas e usas campos semánticos diversos (o vocabulario é variado). Preséntase en varios niveis.
  • BurlingtonEnglish da editorial Burlington: método que está centrado no ensino de inglés para fins específicos, como é o caso da FP, pero tamén inclúe unha parte xeral. Usarás uns auriculares (incluídos no paquete) e conexión a internet (onde se ubica o completo curso).

CURSO DE IDIOMAS: www.eurocatering.orgNa súa elaboración participaron Margarita Viz Blanco e 2 profesoras máis do IES As Fontiñas (Asunción Acosta e Monterrat Fernández). Recibimos un 2º premio nacional Selo Europeo das Linguas por este traballo. O proxecto ven de recibir o premio "European Label of Labels" (máximo galardón europeo para proxectos de linguas) 

EXAMES B1(PET): A USC esixe que demostres ter un nivel B1 de idioma estranxeiro antes de rematar un grao universitario. Se queres acreditar este nivel, unha opción é facer o examen denominado PET (Preliminary English Test). Preme no enlace para ver máis información sobre o examen: PET

AULA VIRTUAL:O alumnado de Ciclo Superior de Administración e Finanzas (réxime de adultos) e Ciclo Medio de Xestión Administrativa (réxime de adultos)  e de Bacharelato dispoñen de cursos na aula virtual, que son un complemento das clases presenciais. Xa contamos tamén cunha sección de reforzo de inglés, con enderezos de internet e actividades centradas principalmente no bacharelato e os ciclos de Xestión administrativa e Asistencia á Dirección. Busca o enlace na parte superior da páxina Web.

 

N

Powered by Drupal - Design by artinet