Skip to Content

Oferta de cursos

Consulte a aula do seu grupo

Onde está a túa aula? 

Consulta a guía de aulas e espazos da Sede Central da EOI de Vigo.

Consulte a sección de Ausencias do profesorado por se o seu grupo aínda non tivese profesor asignado e para comprobar a data de comezo das clases deste.

Sede central
Alemán Chinés Español
Francés Galego Inglés
Italiano Portugués Xaponés

Cursos semipresenciais de inglés para o curso 2023-2024: Queres saber máis?

Consulte toda a información sobre os cursos semipresenciais de inglés para os niveis B2.1, B2.2, C1.1, C1.2 e C2

Xornadas de Portas Abertas

Selecciona a porta da lingua que te interesa para saber o horario das portas abertas. Tamén podes acceder aos horarios das xornadas de portas abertas nas seccións aquí.

Portas Abertas 2023 de EOI de Vigo

 

CONVOCATORIA DOS CURSOS DE GALEGO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E CELGA PARA O 2º CUADRIMESTRE DE 2022-2023

Prazo de presentación de solicitudes online para os cursos do 2º cuadrimestre: do 3 ao 13 de xaneiro de 2023.

Para preinscribirse, acceda á aplicación web aquí (operativo a partir do 3 de xaneiro).

CURSOS MONOGRÁFICOS

Consulte a oferta de cursos monográficos

Os cursos monográficos son cursos nos que se traballan destrezas específicas ou aspectos concretos da lingua de xeito modular. Estes cursos organízanse en cursos de 60 ou de 120 horas, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de seguir en contacto coa lingua sen a necesidade de matricularse nun grupo oficial e sen a presión do exame.

Durante o primeiro cuadrimestre, os cursos monográficos de 60 horas terán docencia dende o 19 de setembro ata finais do mes de xaneiro.  Durante o segundo cuadrimestre, os cursos monográficos de 60 horas terán docencia dende mediados de febreiro ata finais de maio. (O monográfico "Curso de destreza oral para nivel C1 - Alemán" terá unha duración de 60h anuais).

Os cursos monográficos de 120 horas teñen carácter anual e impartiranse dende o 21 de setembro ata finais de maio.

MATRÍCULA

IMPORTANTE: PRAZO DE MATRÍCULA AMPLIADO ENTRE O 1 E EO 21 DE SETEMBRO, EXCLUSIVAMENTE DE XEITO PRESENCIAL NA SEDE CENTRAL.

AS CLASES COMEZAN A PARTIR DO DÍA 25 DE SETEMBRO.

Abrirase un novo prazo de matrícula en decembro para os monográficos do segundo cuadrimestre.

Toda a documentación deberá presentarse dentro dos prazos establecidos.

Cursos especiais (LAG, CELGA, CALC)

LAG (linguaxe administrativa galega) e CELGA (certificados de lingua galega)

Os cursos de linguaxe administrativa (niveis medio e superior) e os cursos CELGA (preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega) son organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A oferta de cursos varía cada ano. A convocatoria destes cursos publícase anualmente no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia).

Para informarse sobre a convocatoria das probas de certificación dos distintos niveis CELGA, prema aquí.

CALC e CEFORE

Os cursos CALC (actualización lingüística e comunicativa) e os cursos CEFORE (do centro de formación e recursos) están dirixidos ao profesorado. Son organizados en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e o Centro de Formación de Recursos (CFR) de Vigo.

A oferta de cursos varía cada ano.

Pode consultala no plan anual de formación do profesorado publicado polo CAFI.

Distribuir contido


by Dr. Radut