O alumnado oficial (presencial) poderá solicitar ao centro a renuncia de matrícula ata un mes antes do remate do curso correspondente (ata o 30 de abril nos cursos ordinarios).
A renuncia implica a perda do dereito á realización dos exames.
A renuncia solicitada pola primeira vez non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondentes. As renuncias posteriores si se terán en conta para estes efectos.
O alumnado que teña renunciado e desexe retomar os estudos en anos posteriores deberá realizar o proceso de preinscrición para que lle sexa adxudicada unha praza.
A renuncia non dá dereito á devolución de taxas.
Para solicitar a renuncia de matrícula debe encher o impreso de renuncia e presentalo na secretaría do centro ou ben remitilo por correo electrónico a eoi.vigo.administracion@edu.xunta.gal.
A renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado.