Skip to Content

Bolsas e axudas

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DAS BOLSAS CONCELLO DE VIGO

No día de hoxe publicouse a acta coa resolución provisional de concesión das Bolsas "Concello de Vigo" para estadías lingüísticas destinadas ao alumnado da EOI de Vigo. O prazo de presentación de reclamacións ou enmendas de erros advertidos será entre o 6 e o 12 de xuñoPode consultar toda a información sobre o proceso aquí.

BOLSAS "CONCELLO DE VIGO" 2023 PARA O ALUMNADO DA EOI DE VIGO

Foi publicada a convocatoria das bolsas de estudo "Concello de Vigo" para o alumnado desta escola.

O obxecto destas axudas económicas en forma de bolsas de estudo individuais é contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras do alumnado.

Prazo de presentación: do día 25 de abril ao 9 de maio, ambos incluídos.

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA 2023-2024

prazo de solicitude de bolsas e axudas para o curso 2023-2024 será do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

O alumnado das escolas oficiais de idiomas que cumpra os requisitos debe solicitar as bolsas no prazo indicado aínda que non saiba o que vai estudar ou se continuará a súa formación no próximo curso.

Toda a información aquí: na web do Ministerio de Educación.

Bolsas e axudas para estudos do Ministerio de Educación e FP

O prazo de solicitude de bolsas e axudas para o curso 2022-2023 será do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022 e  adiantouse nesta ocasión con respecto a cursos anteriores.

O alumnado debe solicitar as bolsas aínda que non saiba o que van estudar ou se continuarán a súa formación.

Toda a información aquí: na web do Ministerio de Educación.

Distribuir contido


by Dr. Radut