ACCESOS A CENTROSNET
CENTRAL | CANGAS | COIA | NIGRÁN |
PONTEAREAS | REDONDELA | TUI |
Instruccións Centros Net de EOI de Vigo
USUARIO: a súa data de nacemento con guións (dd-mm-aaaa) ou o seu número de expediente.
SEGUNDO CAMPO: o seu DNI / NIE sen a última letra.
CONTRASINAL PERSOAL:
Se nunca o activou:
- Deixe este campo baleiro e prema en "entrar".
- Introduza un novo contrasinal de entre 6 e 10 caracteres, que NON coincida co DNI ou número de expediente, e indique un enderezo electrónico ao cal terá que acceder para activar o contrasinal.
Se o activou e non o recorda:
- Deixe o campo baleiro e clique máis abaixo en "lembrar password / recordar contraseña".
- Volva introducir o seu DNI / NIE sen letra ou número de expediente.
- O programa indica o enderezo electrónico onde recibirá a mensaxe.
- Abra o seu correo e prema no enlace para activar ou lembrar o contrasinal.
- Indique un contrasinal persoal entre 6 e 10 caracteres que NON coincida co seu DNI / NIE ou número de expediente.
- Volva repetir o contrasinal.
- Ábrese automáticamente CentrosNet, pero indícase que "Caducou a sesión". Prema no pequeno cadeado que aparece á dereita para pechar a sesión.
- Volva acceder a CentrosNet, introducindo os datos de usuario, DNI / NIE sen letra e o contrasinal persoal (que acaba de crear).
Se ten problemas para acceder, contacte coa administración da EOI de Vigo (eoi.vigo.administracion@edu.xunta.gal).
Xa tes a conta activada e queres descargar a app para o teu móbil?
Para móbiles ou dispositivos Android clickea aquí.
Para móbiles ou dispostivos iOs clickea aquí.