Skip to Content

Actividades culturais

Cinema en versión orixinal (Multicines Norte)

Consulte aquí o cartaz de películas en versión orixinal subtitulada dos Multicines Norte.

Prezo para alumnado da EOI de Vigo: 4 euros (luns a xoves, excepto festivos, películas en versión orixinal).

É necesario presentar carné de estudante ou folla de matrícula.

Festival de Mediados de Outono (中秋节 zhongqiu jie)

O departamento de chinés invítanos a celebrar o Festival de Mediados de Outono (中秋节 zhongqiu jie) na semana do 25-29 de setembro. 

Haberá unha exhibición de Tai Chi o xoves 28 de setembro ás 19:00 na Aula Polivalente.

Tamén ao longo da semana disfrutaremos da exposición sobre este Festival, celebrado o 29 de setembro. 

Yoga in English

O 18 de setembro volvemos contar coa fantástica Tanja, esta vez con invitados especiais da India e do Reino Unido para un obradoiro na sala polivalente de ioga e meditación. Prazas limitadas polo que rogamos confirmación en Telegram ou Whatsapp.

A BIBLIOTECA SAE NOS MEDIOS

Lea aquí a seguinte noticia publicada nos medios sobre a actividade "Cita ás cegas na biblioteca".

Resultados da Segunda Proba de Aventura e Orientación Urbana "Un Mar de Linguas"

Moitas grazas a tod@s por participar onte na segunda carreira de orientación "Un Mar de Linguas" a pesar do desafío engadido que supuxo a choiva! Como o prometido é débeda, velaquí tedes o dossier cos resultados acadados polos diferentes equipos participantes! Noraboa aos primeiros clasificados!!

Para aqueles que non puidéchedes participar, podedes ver o vídeo resumo da actividade aquí!

Vémonos o ano que ven para repetir a aventura!

RUTA POR CANGAS ORGANIZADA POR EL DEPARTAMENTO DE ESPAÑOL - NUEVA FECHA

Por las previsiones de lluvia para este viernes, 5 de mayo, la ruta de senderismo por Cangas organizada por el Departamento de Español se traslada al próximo viernes, 12 de mayo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut