Skip to Content

Actividades culturais galego

Rosalía de Castro 2024

Festexamos o día de Rosalía de Castro o venres, 23 de febreiro, invitándovos a probar o Caldo de Gloria no adro da escola ás 12h00 e a continuación a asistir o espectáculo da nosa alumna María Alonso sobre a vida e obra de Rosalía de Castro: Eu son Rosalía. 

Exposición: Achegas das Mulleres á Sustentabilidade do Mar

O mércores 31 de xaneiro ás 18h no vestíbulo da EOI de Vigo terá lugar a inauguración da exposición "Achega das mulleres á sustentabilidade do mar".

Coa presenza da Deputada de Igualdade e Benestar Social Sandra Bastos e a impartición da conferencia da man de Tamara Amorín.

Máis info da exposición en https://sustentabilidadeenfeminino.campusdomar.gal/

Ven e participa! Esperámoste!

https://www.instagram.com/p/C2sdYixMzoN/?igsh=Y2Nnbnd3ajMycXpl

As Cousas de María, espectáculo músico-teatral

Momento interactivo do espectáculo que tivo moi boa acollida.

María Alonso presenta o seu espectáculo As Cousas de María o mércores, 29 de novembro ás 19.30 na Aula Magna da EOI de Vigo.

5.1 Club de Lectura: próxima lectura

Agradecemos a visita fascinante de Maria Alonso o 4 de abril.

A próxima lectura será Golpes de Luz de Ledicia Costas. A autora ven de visita o 7 de maio ás 19h na Aula Polivalente.

Toda a información histórica e actual deste club de lectura: 

Biblioteca: Obradoiros Literarios

Inscríbete en eoi.vigo.biblioteca@gmail.com ou en conserxería

LECTURA TEATRALIZADA (CAMBIADAS as datas de novo)

  • Martes, 5 decembro: 19.30-21.00
  • Martes, 12 decembro: 19.30-21.00

Queres ler unha obra de teatro coma un actor ou unha actriz? Pois reúne todo o teu talento e anímate a vir ao taller de Constance Hurlé en lingua galega. Non o dubides! Esperámoste!

 

OBRADOIRO DO CONTO

  • Xoves 23 novembro: 18:30-20:00
  • Xoves 30 novembro: 18:30-20:00

Gustaríache sacar a voar a túa imaxinación e crear novas e imaxinativas historias? Participa logo no obradoiro de escritura creativa “El juego al revés” de María Carrazoni. Abofé que che vai encantar!

EMPATHY AND CRITICAL WRITING

  • AFTERNOON SESSION: Monday evening, December 11th at 18.00-20.00
  • SAME SESSION REPEATED: Tuesday morning, December 12th at 10.30-12.30

Ian Matthews will give a workshop on writing reviews and summaries. There will be exploration of the concept of empathy and how audiences connect with culture.

Inscríbete en eoi.vigo.biblioteca@gmail.com ou en conserxería

5.1, o noso club de lectura en galego, abre un segundo grupo

Tras moitos anos de éxito, o club de lectura en galego pon en andadura un segundo grupo en horario de mañá da man dos profesores Manuel Corbacho e Ana Garrido.

A primeira sesión será o XOVES, 19 de OUTUBRO ás 12h na biblioteca.

 

As profesoras Azucena Vázquez e Helen Burr seguen acompañando ao grupo en horario de tarde.

A primeira sesión será o MÉRCORES, 18 de OUTUBRO ás 18h na biblioteca.

 

Nalgúns momentos puntuais, os dous grupos xuntaranse para recibir autores ou autoras que nos veñen de visita para presentar a súa obra.

Animádevos a participar no CLUB de LECTURA 5.1.

Para máis información: eoi.vigo.vicedireccion@edu.xunta.gal

XIII ENCONTRO GALEGO DE POSTCROSSING

Para participar na visita guiada, é posible inscribirse en Conserxería ou no correo eoi.vigo.edlg@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut