A Escola Oficial de Idiomas de Vigo é centro de apoio titorial do programa That’s English! que permite estudar inglés a distancia, con clases presenciais unha vez á semana cunha duración dunha hora e media, en quendas de mañá ou tarde. Toda a información relacionada con estes cursos pode consultarse na web de That´s English.
HORARIO ADMINISTRATIVO 2022-2023:
Luns, de 16h30 a 20h00
Martes, de 9h15 a 13h30
Xoves, de 9h00 a 13h15
CONTACTO de That's English na EOI de Vigo
teléfono: 986263220
enderezo electrónico: eoi.vigo@thatsenglish.com
TEMPORALIZACIÓNS DAS TITORÍAS
- 1º A2 Marisol Carbón
- 2º A2 Leticia Pérez: grupo mañá, grupo tarde
- B1 Rosa Peña
- B1 Santiago Barciela
- 1º B2 Pilar Lucas
- 2º B2 Isabel López
- C1 Helen Burr
HORARIOS E AULAS DE TITORÍAS 2022-2023: consulte aquí as titorías
COMEZO DAS CLASES: a partir do 26 de setembro.
PROBA VIA
A proba VIA (Valoración Inicial do Alumnado) é unha proba de nivel que permite avaliar os coñecementos e incorporar o alumnado ao nivel adecuado.
Para poder realizar a proba VIA é necesario efectuar a matrícula en www.thatsenglish.com e entregar a documentación no portelo administrativo de That's English na EOI de Vigo.
DATA DA PROBA VIA: Consultar
Modalidade: proba presencial oral
PRAZO DE MATRÍCULA: está aberto ata o 11 de novembro. A inscrición realízase a través da web www.thatsenglish.com.
Unha vez inscrito/a e formalizado o pago, débese entregar a seguinte documentación no portelo de That´s English na EOI de Vigo:
• 3 exemplares da inscrición (centro administrativo , alumno e eductrade). Chegará un documento PDF ao enderezo electrónico indicado na matrícula.
• Xustificante que acredite o pago. Se o fixeches online, tamén che chegará un documento PDF ao enderezo electrónico. Se realizas o pago nun BBVA, debes presentar o xustificante do banco.
• Orixinal e copia do documento que acredite o acceso de nivel. Se repites curso, isto non é necesario.
• Orixinal e copia do documento que acredite a aplicación dalgún tipo de desconto, de ser o caso.
• Fotocopia do DNI.
INFORMACIÓN IMPORTANTE: NOVOS BAREMOS DE CALIFICACIÓN PARA OS MÓDULOS DE THAT’S ENGLISH
As probas correspondentes aos módulos do nivel básico A2 estruturaranse en catro partes: comprensión de textos orais, produción, coprodución e mediación oral; comprensión de textos escritos; e produción, coprodución e mediación escrita.
- As probas correspondentes aos módulos dos niveis intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 estruturaranse en cinco partes: comprensión de textos orais, comprensión de textos escritos, produción e coprodución de textos orais, produción e coprodución de textos escritos, e mediación.
- Para os cursos do nivel básico A2, a puntuación total da proba será de 40 puntos e cada unha das catro partes en que se estrutura terá un valor de 10 puntos. Para superar a proba será necesario acadar, polo menos, 6 puntos en cada unha das actividades de lingua.
- Para os cursos dos niveis intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1, a puntuación total da proba será de 50 puntos e cada unha das cinco partes en que se estrutura terá un valor de 10 puntos. Para superar a proba será necesario acadar, polo menos, 5 puntos en cada actividade de lingua e, ademais, obter unha puntuación mínima de 32,5 puntos no total da proba.
- A cualificación outorgada ao alumnado será de "Apto" ou "Non apto".
CAMBIO DE PLAN DE ESTUDOS 2020
EQUIVALENCIAS DO PLAN 2020
O cambio do plan 2018 ao plan 2020 realizarase tendo en conta os módulos aprobados polo alumnado segundo a seguinte táboa de equivalencias:
APLICACIÓN DE THAT'S ENGLISH!
Contamos coa nosa APP That's English! gratuíta para calquera persoa, sexa ou non alumno.
Máis de 3000 audios, vídeos e podcast, para manter e mellorar o teu inglés.