Skip to Content

Certificado académico e títulos

Solicitude de certificación académica

Para solicitar certificación académica (certificado con historial de estudos realizados), así como os certificados de nivel básico A1, nivel básico A2, nivel intermedio B1 e os certificados de competencias parciais debe poñerse en contacto coa secretaría do centro en horario de atención ao público presencialmente ou ben por teléfono.

Teña en conta que a tramitación destes documentos pode levar varios días, especialmente en períodos de matrícula ou exames.

Os títulos de nivel intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 son emitidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. A solicitude deste título ou equivalente tramítase presencialmente na secretaría do centro e esixe:

  • o pagamento dunha taxa de expedición (ordinaria: 25,40 €; familia numerosa de categoría xeral: 12,72 €; familia numerosa de categoría especial: exento 0 €), [ver modelo con códigos de tramitación]
  • unha fotocopia do DNI / NIE.
Distribuir contido


by Dr. Radut