Skip to Content

Solicitude de certificación académica

Para solicitar certificación académica (certificado con historial de estudos realizados), así como os certificados de nivel básico A1, nivel básico A2, nivel intermedio B1 e os certificados de competencias parciais debe poñerse en contacto coa secretaría do centro en horario de atención ao público presencialmente ou ben por teléfono.

Teña en conta que a tramitación destes documentos pode levar varios días, especialmente en períodos de matrícula ou exames.


Os títulos de nivel intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2 son emitidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. A solicitude deste título ou equivalente tramítase presencialmente na secretaría do centro e esixe presentar:

  • unha fotocopia do DNI / NIE.
  • o xustificante de pagamento da taxa de expedición (ordinaria: 25,91 €; familia numerosa de categoría xeral: 12,97 €; familia numerosa de categoría especial: exento 0 €), [ver modelo con códigos de tramitación] Se vostede paga de xeito telemático, recorde descargar o Modelo 730 para xustificar o pagamento. 

Para realizar o pagamento da taxa de expedición nun banco (lista de entidades financeiras colaboradoras), debe primeiro recoller o modelo AI na administración da Escola Oficial de Idiomas. Tamén pode obter o modelo AI en https://ovt.atriga.gal/ > Cidadáns > Iniciar Taxa > cadeado aberto > Descargar modelo.

Pode tamén encher o modelo 731 en https://ovt.atriga.gal/ > Cidadáns > Iniciar Taxa > cadeado aberto > Iniciar taxa, para despois imprimir e presentar nun banco.

Por último, pode encher o modelo de autoliquidación e pagar con tarxeta en https://ovt.atriga.gal/ > Cidadáns > Iniciar Taxa > cadeado aberto > Iniciar taxa



page | by Dr. Radut