Skip to Content

Informacións previas

Niveis e certificados oficiais

Cursos na EOI de Vigo 

O plan de estudos, de acordo co Real Decreto 1041/2017 e co Decreto 81/2018, organízase nos seguintes niveis, que teñen como referencia o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL).

TÁBOA DE NIVEIS E IDIOMAS OFERTADOS NA EOI DE VIGO

*Os cursos de certificación están subraiados. Todos os demais son cursos de promoción.

Niveis Alemán Chinés Español
para
estranx.
Francés Galego Inglés Italia-
no
Portu-
gués
Xapo-
nés
NB A1 A1 A1 - A1 - A1 A1 - A1
NB A2 A2 A2.1
A2.2
A2 A2 A2 A2 A2 A2 A2.1
A2.2
NI B1 B1.1
B1.2
B1.1
B1.2
B1.3
B1 B1 B1 B1 B1 B1 B1.1
B1.2
B1.3
NI B2 B2 B2.1 B2 B2.1
B2.2
B2 B2.1
B2.2
B2.1
B2.2
B2 B2.1
B2.2
NA C1 C1.1
C1.2
 - C1 C1.1
C1.2
C1 C1.1
C1.2
C1.1
C1.2
C1
NA C2  C2  -  -  C2 C2 C2  C2 C2

 

  1. Nivel básico, equivalente ao nivel A2 do MECRL. Nos idiomas francés, inglés e italiano, pode ter unha duración de dous cursos de 120 horas (básico A1 e básico A2) ou desenvolverse nun único curso de 120 horas; no idioma alemán, ten unha duración de dous cursos de 120 horas (básico A1 e básico A2); nos idiomas chinés e xaponés, pode ter unha duración de dous cursos de 120 horas (básico A1 e básico A2) ou desenvolverse en tres cursos de 120 horas; e nos idiomas español para estranxeiros, galego e portugués pode ter unha duración dun curso de 120 horas ou unha duración dun curso de 60 horas.
  2. Nivel intermedio B1. Nos idiomas español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués ten unha duración dun curso de 120 horas (aínda que no caso do galego, do español para estranxeiros e do portugués pode desenvolverse nun curso de 60 horas); no idioma alemán ten unha duración de dous cursos de 120 horas; e nos idiomas chinés e xaponés ten unha duración de tres cursos de 120 horas.
  3. Nivel intermedio B2. Nos idiomas alemán, chinés, español para estranxeiros, galego, portugués e xaponés ten unha duración dun curso de 120 horas; nos idiomas francés, inglés e italiano ten unha duración de dous cursos de 120 horas.
  4. Nivel avanzado C1. Nos idiomas español para estranxeiros, galego e portugués ten unha duración dun curso de 120 horas; nos idiomas alemán, francés, inglés e italiano ten unha duración de dous cursos de 120 horas.
  5. Nivel avanzado C2. Ten unha duración dun curso de 120 horas para todos os idiomas.

Os cursos ordinarios poden ser:

  • anuais: 120 horas de duración, de setembro a xuño distribuídas en dúas sesións semanais de 2h ou en tres sesións semanais de 1h 20 min.
  • cuadrimestrais: 60 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño, nos casos en que está prevista a organización das ensinanzas nun curso de 60 horas, distribuídas no mesmo número de sesións semanais que os cursos anuais.

Certificacións oficiais
Ao rematar cada nivel e superar as probas de avaliación, o alumnado obtén o certificado oficial correspondente.

Modalidade libre
Existe a posibilidade de obter os certificados de todas as linguas que se imparten na EOI de Vigo (niveis A2, B1, B2 e C1) pola modalidade libre, realizando as probas que se celebran anualmente durante o mes de xaneiro ou febreiro. Consulte o apartado “Preinscrición, matrícula e formas de acceso“ para obter máis información.

 
Validez das titulacións das Escolas Oficiais de Idiomas
As certificacións obtidas nas EOI son titulacións de recoñecido prestixio no mundo laboral e profesional. Son as únicas titulacións oficiais válidas en todo o territorio español, expedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e polas comunidades autónomas con competencias educativas nas que se certifica o dominio dun nivel de competencia lingüística dunha lingua estranxeira ou das diferentes linguas autonómicas.

Estas certificacións son recoñecidas por distintos organismos oficiais como:

  • horas de formación para o funcionariado de Galicia e das diferentes comunidades autónomas
  • horas de formación permanente para o profesorado (sexenios, concursos, concesións de bolsas, intercambios, proxectos europeos), (Orde do 1 de marzo de 2007, DOG do 14 de abril)
  • méritos en concursos de traslados para funcionariado de Galicia e das diferentes comunidades autónomas do Estado español
  • méritos na fase de concurso-oposición para o acceso á función pública en territorio español
  • habilitación para impartir especialidades de linguas en educación primaria para funcionarios de carreira, segundo a Orde do 10 de abril de 1992 (DOG do 24 de abril).
  • habilitación para impartir, nunha lingua estranxeira, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Orde do 18 de febreiro de 2011, DOG do 26 de abril de 2011).

Comezo das clases 2024-2025

  • Os cursos ordinarios e semipresenciais comezan a partir do mércores, 11 de setembro de 2024.
  • Os cursos CELGA e os cursos monográficos comezan a partir do luns, 16 de setembro de 2024.
  • As titorías de That's English comezan a partir do luns, 30 de setembro de 2024.

Canto coñeces das EOI de Galicia?

Pon a proba o teu coñecemento das EOI de Galicia cun xogo.

Distribuir contido


by Dr. Radut