Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« domingo Maio 19, 2024 »
Dom
Start: 19/05/2024 11:00

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Celebramos a terceira proba de aventura e orientación urbana "Un mar de linguas" o vindeiro domingo 19 de maio ás 11h00 coa colaboración co Concello de Vigo. Comezaremos a proba na Praza do Rei, diante do edificio do concello. Anímate a pasar unha mañá divertida con nós!

Para familiarizarte coas  características da proba, podes ler o seguinte dossier explicativo, no que atoparás toda a información necesaria.

Para participar, podes crear o teu propio equipo de compañeiros e compañeiras de clase ou tamén podes traer algún amigo ou familiar, o importante é que todos os participantes do equipo debedes cubrir de xeito individual o seguinte formulario, para asegurarvos a praza dado que a actividade está limitada a 150 persoas.

Se non tes equipo propio, non te preocupes! O domingo 19 de maio asignarémoste un antes de que comece a proba.

Os menores de idade que queiran participar na carreira teñen que enviar unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores legais que está incluída no cuestionario de inscrición.

O prazo de inscrición a través da EOI de Vigo é do 29 de abril ata o 6 de maio. Logo desa data en caso de seguir habendo prazas, a inscrición será a través da web do Concello de Vigo e aberta ao público en xeral.

Distribuir contido


by Dr. Radut