Os cursos monográficos son cursos nos que se traballan destrezas específicas ou aspectos concretos da lingua de xeito modular. Estes cursos organízanse en cursos de 60 ou de 120 horas, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de seguir en contacto coa lingua sen a necesidade de matricularse nun grupo oficial e sen a presión do exame.
Durante o primeiro cuadrimestre, os cursos monográficos de 60 horas terán docencia dende o 21 de setembro ata finais do mes de xaneiro. Durante o segundo cuadrimestre, os cursos monográficos de 60 horas terán docencia dende mediados de febreiro ata finais de maio. (O monográfico "Curso de destreza oral para nivel C1 - Alemán" terá unha duración de 60h anuais).
Os cursos monográficos de 120 horas teñen carácter anual e impartiranse dende o 21 de setembro ata finais de maio.
MATRÍCULA
Para matricularse nestes cursos, o alumnado debe formalizar a matrícula a través da aplicación en liña dende o 20 de xullo ata o 15 de setembro para os monográficos anuais e os do primeiro cuadrimestre. Abrirase un novo prazo en decembro para os monográficos do segundo cuadrimestre.
Toda a documentación necesaria para matricularse deberá presentarse por medio da aplicación en liña dentro dos prazos establecidos.
Para matricularse nos monográficos anuais da sede central debe entrar aquí.
Para matricularse nos monográficos do primeiro cuadrimestre da sede central debe entrar aquí.
Para matricularse nos monográficos anuais da sección de Coia debe entrar aquí.
Para matricularse nos monográficos do primeiro cuadrimestre da sección de Coia debe entrar aquí.
Para matricularse nos monográficos anuais da sección de Tui debe entrar aquí.
Para matricularse nos monográficos do primeiro cuadrimestre da sección de Tui debe entrar aquí.
Por medio da aplicación en liña, o alumnado deberá presentar o resgardo de pagamento de taxas, ademais da restante documentación requirida, dentro do seu prazo.
As persoas que se matriculen responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderan solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
PAGAMENTO DE TAXAS
Os prezos públicos das EEOOII de Galicia están regulados polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG núm. 114 publicado o 17 de xuño de 2013). Para os cursos monográficos, o importe é de 1,5 euros/hora + as taxas de servizos xerais (13 euros) Adicionalmente, o alumnado que se matricule por primeira vez nunha EOI deberá aboar as taxas de apertura de expendiente (22 euros).
O alumnado deberá realizar o pagamento nunha entidade bancaria ou de forma telemática, dentro do prazo establecido.
Consulte información sobre as taxas, como se pagan e os códigos de tramitación.
INFORMACIÓN XERAL SOBRE OS CURSOS MONOGRÁFICOS OFRECIDOS NO CURSO 2022-2023
Consulte aquí un dossier informativo xeralsobre os cursos monográficos.
OFERTA EDUCATIVA DE CURSOS MONOGRÁFICOS NO CURSO 2022-2023: PRIMEIRO CUATRIMESTRE E ANUAIS ( En decembro publicaranse os cursos do segundo cuadrimestre)
SEDE CENTRAL
ALEMÁN |
Curso de destreza oral para nivel C1 - 60 horas |
Horario: Venres, 10.00-12.00 ou Venres, 18.30-20.30 |
1. Speaking, Listening + Pronunciation Curso de listening & speaking para nivel B1 - 120 horas Código de matriculación: LIS/SPE B1
2. Oral and Listening Practice Curso de listening & speaking para nivel B2 - 60 horas Código de matriculación: LIS/SPE B2
3. Intermediate Business English Curso de Business English para nivel B2 - 60 horas Código de matriculación: BUSINESS B2
Curso de Listening & speaking para nivel C1+ - 60 horas Código de matriculación: LIS/SPE C1 |
Horario: 11.00-13.00 Mércores, Venres
Horario: 9.30-11.30 Martes, Venres
Horario: 17.00-19.00 Luns, Mércores
Horario: 11.00-13.00 Martes, Venres |
|
ITALIANO |
Curso de destreza oral e mediación nivel B2 120 horas Código de matriculación: ORAL B2 |
Horario: 19.30-21.30 Luns, Mércores |
SECCIÓNS
COIA
INGLÉS |
1. Curso de Business English para nivel B2 60 horas Código de matriculación: BUSINESS B2 |
Horario: 18.45-20.45 Luns, Mércores |
TUI
INGLÉS |
1.Intermediate Business English Curso de Business English para nivel B1 120 horas Código de matriculación: BUSINESS B1 |
Horario: 17.00-19.00 Mércores, Venres |
2. Refresh your advanced skills C1/ C1+ Curso de actualización global de destrezas de nivel C1 60 horas Código de matriculación: ACTUALIZACIÓN C1 |
Horario: 17.00-19.00 Mércores, Venres |