Skip to Content

CURSOS MONOGRÁFICOS 2023-2024

Matrícula ampliada ata o 31 de xaneiro nos cursos con prazas libres:

  • Sede Central: Portugués, Reforzo da expresión oral a través da creación e recitación de poesía, A2 e B1, Martes, 19.30-21.30
  • Cangas: Inglés, Curso de práctica oral de nivel básico A2, Mércores e venres, 17.00-19.00
  • Coia: Inglés, Better Pronunciation for Better Communication, niveis B1, B2 e C1, Luns e mércores, 18.30-20.30
  • Tui: Inglés, Actualización global de destrezas de nivel C1+, Martes e xoves,17.00-19.00

Matrícula ampliada ata o 6 de febreiro nos cursos de 30 horas de Nigrán:

  • Nigrán: Inglés, Destrezas orais, C1, Luns e mércores, 18.30-20.30
  • Nigrán: Inglés, Destrezas orais, A1-A2, Martes e xoves, 18.30-20.30

 


PRAZO DE MATRÍCULA
Do 1 ao 21 de setembro para os cursos de 120 horas e para os cursos do primeiro cuadrimestre.

Do 15 ao 26 de xaneiro para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Debe matricularse presencialmente no centro.

Toda a documentación deberá ser presentada en prazo.

PREZO E PAGAMENTO

  • Cada monográfico de 30 horas custa 45 euros. Cada monográfico de 60 horas custa 90 euros. Cada monográfico de 120 horas custa 180 euros.
  • Apertura de expediente académico: 22 € (págao o alumnado que se matricula pola primeira vez nunha EOI de Galicia)
  • Servizos xerais: 13 € (págao o alumnado unha soa vez por curso escolar)

Pode recoller a folla de pagamento na sede central ou realizar o pagamento en liña.

Consulte toda a información sobre o pagamento de taxas aquí.

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL
Copia do DNI ou NIE.

 



page | by Dr. Radut