Skip to Content

Preinscrición, matrícula e formas de acceso

Matrícula oficial, formas de acceso e matrícula libre

MATRÍCULA OFICIAL: destinada ao alumnado que desexa asistir presencialmente.

FORMAS DE ACCESO, SE XA TEN COÑECEMENTOS PREVIOS:

 MATRÍCULA LIBRE: destinada ás persoas que soamente desexan presentarse aos exames (proba de certificación).

Matrícula oficial - información xeral Matrícula oficial de alumnado que continúa
estudos no curso seguinte
Preinscrición e matrícula oficial
de alumnado de novo acceso
Matrícula libre - información xeral Matrícula libre - procedemento
en liña
 Taxas

 

Validación de títulos e certificados Proba de clasificación

Matrícula oficial - información xeral

A matrícula oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que ofrece a EOI de Vigo.

Se quere matricularse na modalidade oficial, debe ter en conta o seguinte:

  • As clases son presenciais e certifícanse 120 horas por cada curso.
  • Para acceder aos estudos das escolas oficiais de idiomas deberá cumprir o requisito de idade:
    • Ter máis de 16 anos, cumpridos antes do 31 de decembro do ano de comezo dos estudos ou
    • Ter 14 anos para cursar calquera idioma distinto ao que ten como 1.ª lingua estranxeira na ESO.
  • O alumnado estranxeiro debe posuír o NIE (número de identidade de estranxeiro).
  • Pode comezar os estudos desde o 1º curso (nivel básico) ou ben acceder a un curso superior polas formas de acceso establecidas, se vostede xa posúe coñecementos previos.
  • Non pode matricularse nun curso xa aprobado nin tampouco nun curso de nivel inferior a outro xa cursado en anos anteriores (a non ser que tivese renunciado á matrícula).
  • O alumnado ten dereito ao dobre de matrículas oficiais (anos de permanencia) que cursos ten un determinado nivel, tendo en conta que non computan nin os anos feitos no anterior plan de estudos, nin as matrículas na modalidade libre ou a distancia nin as renuncias.

A sede central da EOI de Vigo ofrece cursos de nove idiomas:

alemán chinés español para estranxeiros
francés galego inglés
italiano portugués xaponés

A EOI de Vigo ten ademais seis seccións nas que se ofrecen:

As prazas dispoñibles son limitadas.

Todo o alumnado de novo acceso, o alumnado que non estivese matriculado no curso anterior e o alumnado que tivese renunciado á matrícula no curso anterior necesitará realizar primeiramente a preinscrición e agardar á adxudicación de prazas antes de realizar a matrícula.

Teña en conta que os prazos de preinscrición e os prazos de matrícula poden variar segundo o idioma e o curso ao que accede.

A matrícula oficial está regulada polas instrucións para preinscrición e matrícula que anualmente envía a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Consulte a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre as instrucións para a preinscrición, admisión e matrícula no curso 2023-2024. 

Probas Libres XANEIRO 2024

O Calendario está actualizado con convocatorias e aulas e DATAS DE REVISIÓN DAS PROBAS.

AGORA A MATRÍCULA ESTÁ FECHADA

Instruccións para acceder ao servizo de CENTROS.NET para ver os resultados das probas.

Instruccións para solicitar certificados a partir do 29 de xaneiro, 2024.

Todas as informacións necesarias están dispoñibles na Instrución 11/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Se ten dúbidas, pode consultar a EOI de Vigo no horario de atención ao público da administración do centro.

MATRÍCULA 2023-2024: DATAS IMPORTANTES

ACCEDA AQUÍ Á APLICACIÓN DE PREINSCRICIÓN.

Aquí a información sobre a preinscrición.

Nota: As aplicacións de preinscrición e matrícula só estarán activas nos prazos indicados.

Matrícula oficial de alumnado que continúa estudos no curso seguinte

O alumnado matriculado oficialmente que desexe continuar estudos no curso inmediatamente posterior, no mesmo idioma e escola, deberá seguir os seguintes pasos:

1. Acceso ao sistema en liña
O alumnado deberá acceder á aplicación CentrosNet utilizando o seu usuario e contrasinal.
Tamén se habilitará un acceso xenérico: https://www.informaticacentros.com/xunta

2. Reserva da praza
Ao entrar na aplicación, o alumnado verá unha pantalla con información acerca do curso no que lle corresponde matricularse. Debe elixir un grupo dos que se lle oferten.
Unha vez confirmada a elección do grupo, non poderá modificala.
A aplicación xerará un resgardo coas informacións do grupo elixido.
O alumnado tamén recibirá información das taxas que deberá pagar.
A praza quedará reservada e pendente de formalizar.

3. Pagamento das taxas
O alumnado deberá realizar o pagamento nunha entidade bancaria ou de forma telemática, dentro do prazo establecido.
Consulte como se pagan as taxas e os códigos de tramitación para encher os modelos.

4. Formalización e confirmación da matrícula
Toda a documentación necesaria para matricularse deberá presentarse por medio da aplicación en liña dentro dos prazos establecidos.

Por medio da aplicación en liña, o alumnado deberá presentar o resgardo de pagamento de taxas, ademais da restante documentación requirida, dentro do seu prazo.
As persoas que se matriculen responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderan solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.
Poderá comprobar se a súa matrícula é definitiva accedendo 2-3 días depois á mesma aplicación e verificando se o seu resgardo figura como "Resgardo definitivo" na parte inferior esquerda.

  • Se o/a solicitante se atopa nalgunha situación que requira a presentación de documentación adicional, deberá facelo a través da aplicación, dentro dos prazos establecidos.
  • O alumnado con dereito a redución de taxas poderá efectuar a súa reserva de matrícula en liña, pero para proceder á formalización da matrícula deberá achegar a documentación xustificativa.

A APLICACIÓN DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA SOAMENTE ESTARÁ ACTIVA NOS PRAZOS INDICADOS CORRESPONDENTES.

Consulte a oferta horaria para o curso 2023-2024

Preinscrición e matrícula de alumnado de novo acceso

Todo o alumnado de novo acceso, o alumnado que non estivese matriculado no curso anterior ou o alumnado que tivese renunciado á matrícula no curso anterior necesitará realizar primeiramente a preinscrición e agardar á adxudicación de prazas antes de realizar a matrícula.

Consulte as DATAS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA

1. Preinscrición

Deberá acceder á aplicación de preinscrición en liña.

Pode modificar a súa preinscrición cantas veces queira ata o remate do seu período de preinscrición.

Pode solicitar ata dous idiomas diferentes e tres preferencias priorizadas de grupos por cada idioma.

Importante: anote o seu contrasinal de acceso á aplicación. O acceso por segunda e posteriores veces realizarase coa data de nacemento, o DNI/NIE e o contrasinal indicado no momento da alta.

Importante: escriba correctamente todos os seus datos, pois serán os que figurarán no seu expediente.

2. Adxudicación de prazas

Poderá coñecer se foi admitido/a a partir do día 11 de xullo accedendo á mesma aplicación en liña.

Unha vez comprobadas as peticións de todas as persoas solicitantes, xerarase unha lista de reservas, que terá en conta unicamente a primeira opción solicitada e comezará pola primeira persoa solicitante que non obtivese praza.

3. Reserva de praza

Se foi admitido/a, poderá realizar a reserva de praza dentro do prazo establecido.

Deberá acceder á matrícula en liña a través da mesma aplicación na que realizou a preinscrición. 

O alumnado que provén da preinscrición, dado que aínda non ten un número de expediente asignado, deberá substituír o número de expediente pola súa data de nacemento. Mantense o DNI como contrasinal para este alumnado.

Ao entrar na aplicación, o alumnado verá unha pantalla con información acerca do curso no que lle corresponde matricularse. Debe elixir un grupo dos que se lle oferten.

Unha vez confirmada a elección do grupo, non poderá modificala.

A aplicación xerará un resgardo coas informacións do grupo elixido.

O alumnado tamén recibirá información das taxas que deberá pagar.

A praza quedará reservada e pendente de formalizar.

4. Pagamento de taxas

O alumnado deberá realizar o pagamento nunha entidade bancaria ou de forma telemática, dentro do prazo establecido.

Consulte información sobre as taxas, como se pagan e os códigos de tramitación.

5. Formalización e confirmación da matrícula 

Toda a documentación necesaria para matricularse deberá presentarse por medio da aplicación en liña dentro dos prazos establecidos. 

Por medio da aplicación en liña, o alumnado deberá presentar o resgardo de pagamento de taxas, ademais da restante documentación requirida, dentro do seu prazo. Esta pecha ás 12.00 do último día indicado para matricularse.

As persoas que se matriculen responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderan solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

Poderá comprobar se a súa matrícula é definitiva accedendo unha semana despois á mesma aplicación e verificando se o seu resgardo figura como "Resgardo definitivo" na parte inferior esquerda.

  • Se o/a solicitante se atopa nalgunha situación que requira a presentación de documentación adicional, deberá facelo a través da aplicación, dentro dos prazos establecidos.
  • O alumnado con dereito a redución de taxas poderá efectuar a súa reserva de matrícula en liña, pero para proceder á formalización da matrícula deberá achegar a documentación xustificativa.

Para maiores detalles, consulte o anexo II e o anexo III da resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre as instrucións para a preinscrición, admisión e matrícula no curso 2023-2024.

Validación de títulos e certificados

No curso 2023-2024, as titulacións e certificados que dan acceso a niveis superiores ao básico A1, segundo a Resolución do 16 de maio de 2023  son:

Para ESPAÑOL para estranxeiros e GALEGO, as titulacións e certificados que aparecen no Anexo I da anterior resolución.

Para todos os OUTROS IDIOMAS, as titulacións e certificados establecidos na Orde de 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo) pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos darán acceso ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado.

As persoas que acrediten o TÍTULO DE BACHARELATO terán acceso ao primeiro curso do nivel intermedio B1 do idioma cursado como primeira lingua estranxeira no bacharelato.

As persoas que acrediten o TÍTULO DE ESO terán acceso ao nivel básico A2 do idioma cursado como primeira lingua estranxeira na ESO.

A modo orientativo, pode realizar o test de autoavaliación online DIALANG antes de matricularse.

Distribuir contido


by Dr. Radut