Skip to Content

Matrícula oficial - información xeral

A matrícula oficial está dirixida ao alumnado que desexa asistir presencialmente aos cursos ordinarios que ofrece a EOI de Vigo.

Se quere matricularse na modalidade oficial, debe ter en conta o seguinte:

  • As clases son presenciais e certifícanse 120 horas por cada curso.
  • Para acceder aos estudos das escolas oficiais de idiomas deberá cumprir o requisito de idade:
    • Ter máis de 16 anos, cumpridos antes do 31 de decembro do ano de comezo dos estudos ou
    • Ter 14 anos para cursar calquera idioma distinto ao que ten como 1.ª lingua estranxeira na ESO.
  • O alumnado estranxeiro debe posuír o NIE (número de identidade de estranxeiro).
  • Pode comezar os estudos desde o 1º curso (nivel básico) ou ben acceder a un curso superior polas formas de acceso establecidas, se vostede xa posúe coñecementos previos.
  • Non pode matricularse nun curso xa aprobado nin tampouco nun curso de nivel inferior a outro xa cursado en anos anteriores (a non ser que tivese renunciado á matrícula).
  • O alumnado ten dereito ao dobre de matrículas oficiais (anos de permanencia) que cursos ten un determinado nivel, tendo en conta que non computan nin os anos feitos no anterior plan de estudos, nin as matrículas na modalidade libre ou a distancia nin as renuncias.

A sede central da EOI de Vigo ofrece cursos de nove idiomas:

alemán chinés español para estranxeiros
francés galego inglés
italiano portugués xaponés

A EOI de Vigo ten ademais seis seccións nas que se ofrecen:

As prazas dispoñibles son limitadas.

Todo o alumnado de novo acceso, o alumnado que non estivese matriculado no curso anterior e o alumnado que tivese renunciado á matrícula no curso anterior necesitará realizar primeiramente a preinscrición e agardar á adxudicación de prazas antes de realizar a matrícula.

Teña en conta que os prazos de preinscrición e os prazos de matrícula poden variar segundo o idioma e o curso ao que accede.

A matrícula oficial está regulada polas instrucións para preinscrición e matrícula que anualmente envía a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Consulte a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre as instrucións para a preinscrición, admisión e matrícula no curso 2023-2024. 



page | by Dr. Radut