Skip to Content

Oferta de cursos

Oferta 2024-2025

Consulte a oferta horaria do curso 2024-2025 aquí ou nos apartados de cada departamento e sección.

Cada departamento e sección ten a listaxe de cursos ordinarios e a continuación os horarios dos cursos monográficos. A matrícula dos cursos monográficos será en setembro. Tamén ofertamos cursos de CELGA e Linguaxe Administrativa. Información sobre a oferta de That's English atópase aquí.

Sede Central

ALEMÁN CHINÉS ESPAÑOL
FRANCÉS GALEGO INGLÉS
ITALIANO PORTUGUÉS XAPONÉS

Seccións

CANGAS

COIA NIGRÁN

PONTEAREAS

REDONDELA TUI

CURSOS MONOGRÁFICOS 2024-2025

Matrícula para os monográficos anuais e do primeiro cuadrimestre:

  • do 2 ao 13 de setembro de 2024

As novedades deste curso son:

  • Chinés -- novos cursos monográficos
  • Francés -- ampliación de oferta en Nigrán
  • Inglés -- ampliación de oferta na sede central
  • Italiano -- novo curso monográfico
  • Xaponés -- novos cursos monográficos
    • Nigrán -- cursos monográficos de inglés e francés
    • Redondela -- novo curso monográfico de inglés

Monográficos 2024-2025 de EOI de Vigo


PRAZO DE MATRÍCULA
Do 2 ao 13 de setembro para os cursos de 120 horas e para os cursos do primeiro cuadrimestre.

Datas a confirmar en xaneiro para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Debe matricularse presencialmente no centro.

Toda a documentación deberá ser presentada en prazo.

PREZO E PAGAMENTO

  • Cada monográfico de 30 horas custa 45 euros. Cada monográfico de 60 horas custa 90 euros. Cada monográfico de 120 horas custa 180 euros.
  • Apertura de expediente académico: 22 € (págao o alumnado que se matricula pola primeira vez nunha EOI de Galicia)
  • Servizos xerais: 13 € (págao o alumnado unha soa vez por curso escolar)

Pode recoller a folla de pagamento na sede central ou realizar o pagamento en liña.

Consulte toda a información sobre o pagamento de taxas aquí.

DOCUMENTACIÓN ADICIONAL
Copia do DNI ou NIE.

 

Obradoiros 2023-2024

Os grupos de reforzo que ofertamos este curso son abertos ao alumnado matriculado en calquera curso.

Chinés Francés Inglés Portugués Xaponés

Guía de Aulas e Espazos da Sede Central da EOI de Vigo

Onde está a túa aula? 

Consulta a guía de aulas e espazos da Sede Central da EOI de Vigo.

 

CURSOS MONOGRÁFICOS

Os cursos monográficos son cursos nos que se traballan destrezas específicas ou aspectos concretos da lingua de xeito modular. Estes cursos organízanse en cursos de 30, 60 ou de 120 horas, ofrecendo ao alumnado a posibilidade de seguir en contacto coa lingua sen a necesidade de matricularse nun grupo oficial e sen a presión do exame.

Durante o primeiro cuadrimestre, os cursos monográficos de 60 horas terán docencia dende o 16 de setembro ata finais do mes de xaneiro.  Durante o segundo cuadrimestre, os cursos monográficos de 60 horas terán docencia dende finais de xaneiro ata finais de maio.

Os cursos monográficos de 120 horas teñen carácter anual e impartiranse dende o 21 de setembro ata finais de maio.

MATRÍCULA

IMPORTANTE: PRAZO DE MATRÍCULA para os monográficos do primeiro cuadrimestre: 2-13 de setembro de 2024

AS CLASES COMEZAN A PARTIR DO DÍA 16 de setembro de 2024

Toda a documentación deberá presentarse dentro dos prazos establecidos.

Cursos semipresenciais de inglés para o curso 2023-2024: Queres saber máis?

Consulte toda a información sobre os cursos semipresenciais de inglés para os niveis B2.1, B2.2, C1.1, C1.2 e C2

Cursos especiais (LAG, CELGA, CALC)

Calendario de cursos de CELGA e LAG 2024-2025

LAG (linguaxe administrativa galega) e CELGA (certificados de lingua galega)

Os cursos de linguaxe administrativa (niveis medio e superior) e os cursos CELGA (preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega) son organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A oferta de cursos varía cada ano. A convocatoria destes cursos publícase anualmente no D.O.G. (Diario Oficial de Galicia).

Para informarse sobre a convocatoria das probas de certificación dos distintos niveis CELGA, prema aquí.

CALC e CFR para profesorado

Os cursos CALC (actualización lingüística e comunicativa) e os cursos CEFORE (do centro de formación e recursos) están dirixidos ao profesorado. Son organizados en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e o Centro de Formación de Recursos (CFR) de Vigo.

A oferta de cursos varía cada ano.

Pode consultala no plan anual de formación do profesorado publicado polo CAFI.

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGA PARA 2024-2025

Calendario dos cursos CELGA e LAG 2024-2025

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

 

ADMITIDOS

Prazo para subir documentación restante: 19 de xullo

Plataforma de inscrición

 

CELGA 2

MAÑÁ

CELGA 2

TARDE

CELGA 4

MAÑÁ

CELGA 4

TARDE

LINGUAXE ADMINISTRATIVA SUPERIOR

 

Realización cursos

Modalidade dos cursos

Probas finais

presenciais

Publicación notas

LAG

30 de setembro 2024-

1 de decembro 2024

LAG

En liña

4 de decembro

10h (LAM)

12h (LAS)

Límite: 19 de decembro 2024

CELGA

setembro-decembro

CELGA

Presencial

A determinar pola Secretaría Xeral da Lingua

Distribuir contido


by Dr. Radut