Skip to Content

Bolsas e axudas

BOLSAS "CONCELLO DE VIGO" 2024 PARA O ALUMNADO DA EOI DE VIGO

Foi publicada a convocatoria das bolsas de estudo "Concello de Vigo" para o alumnado desta escola.

Prazo de presentación: do día 12 de abril ao 25 de abril, ambos incluídos.

As instruccións están aquí e toda a información completa está aquí: https://escolas.vigo.org/bolsaseoiv

O obxecto destas axudas económicas en forma de bolsas de estudo individuais é contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras do alumnado.

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA 2024-2025

Poden solicitar estas bolsas as persoas que se vaian matricular no curso 2024/2025 en estudos de idiomas nas EOI incluída a modalidade de distancia.

Prazo de presentación: Do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024

Requerimentos:

    • Posuír a nacionalidade española ou ser residente en España para alumnos doutras nacionalidades (coas particularidades que desenvolve a convocatoria).
    • Non posuír no momento de solicitar a bolsa un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.
    • Reunir o resto de requisitos académicos e económicos que especifica a convocatoria.
  • Presentación de solicitudes

A solicitude preséntase a través da páxina web do Ministerio de Educación e FP.

Ligazón directa do formulario de solicitude.

La convocatoria de becas para el curso 2024-2025 ya tiene fechas

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DAS BOLSAS CONCELLO DE VIGO

No día de hoxe publicouse a acta coa resolución provisional de concesión das Bolsas "Concello de Vigo" para estadías lingüísticas destinadas ao alumnado da EOI de Vigo. O prazo de presentación de reclamacións ou enmendas de erros advertidos será entre o 6 e o 12 de xuñoPode consultar toda a información sobre o proceso aquí.

BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA 2023-2024

prazo de solicitude de bolsas e axudas para o curso 2023-2024 será do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

O alumnado das escolas oficiais de idiomas que cumpra os requisitos debe solicitar as bolsas no prazo indicado aínda que non saiba o que vai estudar ou se continuará a súa formación no próximo curso.

Toda a información aquí: na web do Ministerio de Educación.

Bolsas e axudas para estudos do Ministerio de Educación e FP

O prazo de solicitude de bolsas e axudas para o curso 2022-2023 será do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022 e  adiantouse nesta ocasión con respecto a cursos anteriores.

O alumnado debe solicitar as bolsas aínda que non saiba o que van estudar ou se continuarán a súa formación.

Toda a información aquí: na web do Ministerio de Educación.

Distribuir contido


by Dr. Radut