A Escola Oficial de Idiomas de Vigo é centro de apoio titorial do programa That’s English! que permite estudar inglés a distancia, con clases presenciais unha vez á semana cunha duración dunha hora e media, en quendas de mañá ou tarde. Toda a información relacionada con estes cursos pode consultarse na web de That´s English.
HORARIO ADMINISTRATIVO:
Durante setembro e outubro:
➡️Luns: de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
CONTACTO de That's English na EOI de Vigo
teléfono: 986263220
enderezo electrónico: eoi.vigo@thatsenglish.com
PROBA VIA
A proba VIA (Valoración Inicial do Alumnado) é unha proba de nivel que permite avaliar os coñecementos e incorporar o alumnado ao nivel adecuado.
Para poder realizar a proba VIA é necesario efectuar a matrícula en www.thatsenglish.com e enviar a documentación ao enderezo electrónico eoi.vigo@thatsenglish.com polo menos dous días antes da proba.
DATA DA PROBA VIA: venres, 27 de setembro ás 16:00
Quen non poida asistir ese día pode consultar novas datas poñéndose en contacto coa secretaría de TE!
Modalidade: proba presencial oral
PRAZO DE MATRÍCULA: Do 2 de setembro ao 31 de outubro. A inscrición realízase a través da web www.thatsenglish.com.
Unha vez inscrito/a e formalizado o pago, débese entregar a documentación no portelo de That´s English na EOI de Vigo.
Os cursos de preparación para as probas de certificación "ExamPrep " están dirixidos ás persoas interesadas en preparar a distancia as probas de certificación de inglés dos niveis intermedio B2 e avanzado C1. No curso traballaranse as cinco actividades de lingua que se avalían nas probas de certificación oficiais das EOI.
- Impartiranse no primeiro cuadrimestre do curso.
- Terán unha duración de 60 horas.
- 100% online.
- Prazas limitadas.
- Consultar máis información na seguinte ligazón: https://examprep.thatsenglish.com/galicia/
INFORMACIÓN IMPORTANTE: NOVOS BAREMOS DE CALIFICACIÓN PARA OS MÓDULOS DE THAT’S ENGLISH
As probas correspondentes aos módulos do nivel básico A2 estruturaranse en catro partes: comprensión de textos orais, produción, coprodución e mediación oral; comprensión de textos escritos; e produción, coprodución e mediación escrita.
- As probas correspondentes aos módulos dos niveis intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 estruturaranse en cinco partes: comprensión de textos orais, comprensión de textos escritos, produción e coprodución de textos orais, produción e coprodución de textos escritos, e mediación.
- Para os cursos do nivel básico A2, a puntuación total da proba será de 40 puntos e cada unha das catro partes en que se estrutura terá un valor de 10 puntos. Para superar a proba será necesario acadar, polo menos, 6 puntos en cada unha das actividades de lingua.
- Para os cursos dos niveis intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1, a puntuación total da proba será de 50 puntos e cada unha das cinco partes en que se estrutura terá un valor de 10 puntos. Para superar a proba será necesario acadar, polo menos, 5 puntos en cada actividade de lingua e, ademais, obter unha puntuación mínima de 32,5 puntos no total da proba.
- A cualificación outorgada ao alumnado será de "Apto" ou "Non apto".
CAMBIO DE PLAN DE ESTUDOS 2020
EQUIVALENCIAS DO PLAN 2020
O cambio do plan 2018 ao plan 2020 realizarase tendo en conta os módulos aprobados polo alumnado segundo a seguinte táboa de equivalencias:
APLICACIÓN DE THAT'S ENGLISH!
Contamos coa nosa APP That's English! gratuíta para calquera persoa, sexa ou non alumno.
Máis de 3000 audios, vídeos e podcast, para manter e mellorar o teu inglés.