Skip to Content

Preinscrición e matrícula de alumnado de novo acceso

Todo o alumnado de novo acceso, o alumnado que non estivese matriculado no curso anterior ou o alumnado que tivese renunciado á matrícula no curso anterior necesitará realizar primeiramente a preinscrición e agardar á adxudicación de prazas antes de realizar a matrícula.

Consulte as DATAS DE PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA

1. Preinscrición

Deberá acceder á aplicación de preinscrición en liña.

Pode modificar a súa preinscrición cantas veces queira ata o remate do seu período de preinscrición.

Pode solicitar ata dous idiomas diferentes e tres preferencias priorizadas de grupos por cada idioma.

Importante: anote o seu contrasinal de acceso á aplicación. O acceso por segunda e posteriores veces realizarase coa data de nacemento, o DNI/NIE e o contrasinal indicado no momento da alta.

Importante: escriba correctamente todos os seus datos, pois serán os que figurarán no seu expediente.

2. Adxudicación de prazas

Poderá coñecer se foi admitido/a a partir do día 11 de xullo accedendo á mesma aplicación en liña.

Unha vez comprobadas as peticións de todas as persoas solicitantes, xerarase unha lista de reservas, que terá en conta unicamente a primeira opción solicitada e comezará pola primeira persoa solicitante que non obtivese praza.

3. Reserva de praza

Se foi admitido/a, poderá realizar a reserva de praza dentro do prazo establecido.

Deberá acceder á matrícula en liña a través da mesma aplicación na que realizou a preinscrición. 

O alumnado que provén da preinscrición, dado que aínda non ten un número de expediente asignado, deberá substituír o número de expediente pola súa data de nacemento. Mantense o DNI como contrasinal para este alumnado.

Ao entrar na aplicación, o alumnado verá unha pantalla con información acerca do curso no que lle corresponde matricularse. Debe elixir un grupo dos que se lle oferten.

Unha vez confirmada a elección do grupo, non poderá modificala.

A aplicación xerará un resgardo coas informacións do grupo elixido.

O alumnado tamén recibirá información das taxas que deberá pagar.

A praza quedará reservada e pendente de formalizar.

4. Pagamento de taxas

O alumnado deberá realizar o pagamento nunha entidade bancaria ou de forma telemática, dentro do prazo establecido.

Consulte información sobre as taxas, como se pagan e os códigos de tramitación.

5. Formalización e confirmación da matrícula 

Toda a documentación necesaria para matricularse deberá presentarse por medio da aplicación en liña dentro dos prazos establecidos. 

Por medio da aplicación en liña, o alumnado deberá presentar o resgardo de pagamento de taxas, ademais da restante documentación requirida, dentro do seu prazo. Esta pecha ás 12.00 do último día indicado para matricularse.

As persoas que se matriculen responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderan solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

Poderá comprobar se a súa matrícula é definitiva accedendo unha semana despois á mesma aplicación e verificando se o seu resgardo figura como "Resgardo definitivo" na parte inferior esquerda.

  • Se o/a solicitante se atopa nalgunha situación que requira a presentación de documentación adicional, deberá facelo a través da aplicación, dentro dos prazos establecidos.
  • O alumnado con dereito a redución de taxas poderá efectuar a súa reserva de matrícula en liña, pero para proceder á formalización da matrícula deberá achegar a documentación xustificativa.

Para maiores detalles, consulte o anexo II e o anexo III da resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sobre as instrucións para a preinscrición, admisión e matrícula no curso 2023-2024.



page | by Dr. Radut