Skip to Content

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGA PARA 2023-2024

CONSULTE AQUÍ OS RESULTADOS DO SORTEO DOS CURSOS CELGA E LAG

Foi publicada a convocatoria dos cursos, con carácter gratuíto, de linguaxe administrativa e cursos CELGA (DOG do 22 de xuño de 2023).

PRIMEIRO CUADRIMESTRE
As solicitudes deberán presentarse na aplicación web dentro do prazo, do 3 ao 14 de xullo de 2023.

O día 18 de xullo, o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.

O alumnado admitido deberá presentar na aplicación web a documentación solicitada ata o día 21 de xullo para os cursos do primeiro cuadrimestre.

Para preinscribirse, acceda á aplicación web aquí (operativa a partir do 3 de xullo).

Consulte todos os pormenores na convocatoria dos cursos.


SEGUNDO CUADRIMESTRE
En canto aos cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio de 2024), o prazo de solicitude será do 13 ao 24 de novembro de 2023.

O día 28 de novembro de 2023, o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.

O prazo para a presentación da documentación na aplicación web será ata o día 1 de decembro de 2023 para o alumnado admitido nos cursos do segundo cuadrimestre.


EOI de Vigo
Avenida Emilio Martínez Garrido 17
36205 Vigo
T. 986260210
eoi.vigo@edu.xunta.gal

Cursos de linguaxe administrativa en liña na EOI de Vigo

Nivel Inicio Fin
Superior Outubro 2023 Decembro 2023
Medio Febreiro 2024 Maio 2024

Cursos CELGA na EOI de Vigo (1º cuadrimestre)

Nivel Inicio Fin Horario Días
Celga 2 Setembro 2023 Decembro 2023 9.30-12.00* Martes e xoves
Celga 3 Setembro 2023 Decembro 2023 11.00-13.30 Martes e venres
Celga 4 Setembro 2023 Decembro 2023 12.00-14.30 Martes e venres
Celga 4 Setembro 2023 Xaneiro 2024 17.00-19.30 Luns e mércores

*Hai un erro no DOG 22 de xuño de 2023. O horario subliñado en amarelo é o correcto. 

Consulte a información sobre os cursos CELGA do segundo cuadrimestre no anexo II da convocatoria.



page | by Dr. Radut