Skip to Content

Saídas

Visitamos Radio Valadares. Escóitanos!

 

Estes días , que saiu o sol, fomos ata o centro cultural onde está ubicada Radio Valadares. Alí Yoli, a xornalista responsable das emisións da radio do barrio,explicounos como funciona, estivemos moi atent@s ás súas explicacións. Falamos, cantamos, as veces tamén calamos. Pasámolo moi ben. 

Con todo este material, Yoli que é unha gran profesional, editou as gravacións que  poderedes escoitar pinchando nos seguintes enlaces. 

aquí os botóns a partir do minuto 31. 

Para escoitar os tigres pinchade aqui a partir do minuto 46. 

Escoita os canguros, pinchando aquí a partir do minuto 18.  

Grazas Yoli, repetiremos a esperiencia.

Escoitade Radio  Vladares no 106.1 FM. 

 

 

 

 

 

 

IMOS Á EXPOSICIÓN SONORO EMPEÑO

 

 

 

NA SALA DE EXPOSICIÓNS:

DISTRIBUÍDOS EN TRES GRUPOS, IMOS VER  OS CADROS EXPOSTOS E FACEMOS UN OBRADOIRO ARTÍSTICO RELACIONADO CO TEMA DESTA EXPOSICIÓN: A MÚSICA NA PINTURA.

  

 

 

 

 

 

NO OBRADOIRO:

 PINTAMOS A MÚSICA QUE SOA, AS VECES É LENTA OTRAS RÁPIDA, ÁS VECES TRISTE OUTRAS ALEGRE........

QUE FORMA E COR TEN SOA MUIÑEIRA? E A MÚSICA ROCK?

NÓS FIXEMOS A NOSA VERSIÓN.

 

 

 

 

NA EXPOSICIÓN:

TEMOS QUE AXUDAR A COLOCAR AS COUSAS QUE  QUEDARON DESORDEADAS  DA NOITE ANTERIOR. 

CÓNTOVOS UN SEGREDO? AS PINTURAS, POLA NOITE, COBRAN VIDA, XOGAN, BAILAN,...,LOGO ASÍ QUEDA TODO

POR ISO TEMOS QUE PRESTAR MOITA ATENCIÓN E DESCUBRIR DE ONDE CAÍRON ESTAS COUSAS: UNHA FRAUTA,UN VIOLÍN, UNHA PANDEIRETA, UN TUTÚ E UN MONTÓN DE COR.

SOMOS DETECTIVES NO MUSEO!

ESCOITAMOS E BAILAMOS A MÚSICA QUE SOA NOS CADROS!!!!!

 

NA PROCURA DUN TESOURO

TIGRES E BOTÓNS IMOS A NATURNOVA BUSCAR UN TESOURO, APRENDEMOS MOITAS COUSAS DO NOSO PLANETA

Escola de Música

O grupo de música,     AMBIRAM QUARTER    , cuxos compoñentes pertence a banda de música do Centro Cultural de Valadares, agasallounos o inicio deste curso cun concerto moi oirixinal dos catro compoñentes e as súas pericias cando perden o avión no que ían iniciar a súa viaxe e quedan atrapados e moi aburridos no  aeroporto.

 

      

   

 

      

 

  

  

 

 

 

Museo do Mar, itinerario verde

 

O proxecto deste trimestre na escola está relacionado coa PROTECCIÓN DO MAR.

No Museo do Mar, ofrecéronnos unha actividade onde os nenos/as pudieron observar como é a vida no mar ( visitando o acuario) e como os seres humanos ensuciámolo co noso lixo.

 

Exposición Liño

Visitamos o Centro Cultural de Valladares para ver unha exposición do liño.

                           Aprendimos moito!

 

 

 

PROGRAMA DE RADIO

      

Xa podedes escoitar o programa de radio

 

       

 

Distribuir contido


by Dr. Radut