Skip to Content

Saídas

PASEO DE OUTONO

 

 SAIMOS O PARQUE FORESTAL DE BEADE

PARA OBSERVAR COMO SE ATOPABA O MONTE NO OUTONO.

PASEAMOS ENTRE AS ÁRBORES: CARBALLOS, LIQUIDÁMBAR, CASTIÑEIROS...

XOGAMOS COAS FOLLAS, COS PAOS, COA AREA,

FIXEMOS IOGA TODOS XUNTOS,

MERENDAMOS PAN CON CHOCOLATE,

FOI UNHA MAÑÁ MOI DIVERTIDA!!!

 

 

 

 
 
 
 

Acollida CEP PL IGREXA VALADARES aos nos@s nen@s de 6º de EI

Este mércores, o alumnado de 6º de EI subimos ao que será o noso centro en setembro. Estivemos a coñecer tooodo o colexio da man do alumnado de 1º de EP.

Grazas polo día vivido, estamos moi ilusionad@s polo paso a Primaria, sen esquecernos nunca, do noso tempo na escola Infantil Monte Alba.

A BANDA DE VALADARES

 

TODA A ESCOLA ACUDIMOS Ó CENTRO CULTURAL

A ESCOITAR E BAILAR CANCIÓNS.

TAMÉN DESFRUTAMOS DA BANDA

DE MÚSICA DE VALADARES.

TOD@S ATENTOS,

COMEZA A ACTUACIÓN.

 

 

 
 

MUSEO DO MARCO

 

OS ELEFANTES, OS KOALAS E OS CANGUROS , PREPARADOS PARA UNHA NOVA SAÍDA EDUCATIVA

CELEBRAMOS O DÍA DA CREATIVIDADE  (21 DE MARZO) CUNHA VISITA O MUSEO MARCO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DO ARTISTA ALFREDO ALCAIN NO MUSEO DO MARCO EN VIGO.

Alí  atópanse máis de oitenta obras deste artista: cadros grandes. medianos, pequenos,con teas, paús de cores, manteis, pinceis... e esculturas.

 

 

 

 

 

DESPOIS DA VISITA TIVEMOS UN OBRADOIRO PARA RECREAR UNHA DAS SÚAS OBRAS MAIS CARACTERÍSTICAS

 

 

 

 

Saída. Exposición La Palma. Volcán e vida

IMPACIENTES SUBIMOS Ó AUTUBÚS CARA A EXPOSICIÓN:

" A PALMA. VOLCÁN E VIDA"

Os Volcáns son un dos fenómenos máis bruitais da natureza. A erupción en cumbre Vieja ( La Palma) lémbranos este carácter inclemente e devastador, máis tamén a forza do ser humano para se sobrepoñer á traxedia e abrir novos escenarios de vida.

Nas aulas traballamos ao inicio do curso sobre esta circunstancia, como remate das nosas investigacións nada mellor que rematar visitando unha exposición e voltando a facer un volcán todos xuntos.

 

 

 

Logo desfrutamos dun paseo polo parque da Alameda

 

 Enlace para ollar as fotografías da exposición


 

 

 

 

MUSEO DO MAR KOALAS

 OS KOALAS FIXEMOS UNHA EXCURSIÓN Ó MUSEO DO MAR, XA QUE

O PROXECTO DO SEGUNDO TRIMESTRE ESTÁ ADICADO Ó ARTE.

DESCUBRIMOS A ANTONIO PALACIOS, GRAN URBANISTA E ARQUITECTO.

DESPOIS, NÓS, CONVERTÉMONOS EN ARQUITECTOS, ELABORANDO UNHA FERMOSA ESCULTURA COLECTIVA.

 

Exposición ANTONIO PALACIOS

Na nosa escola comenza un novo trimestre e con él un novo Proxecto,adicado nesta ocasión a arte.

POR ISO PARECEUNOS INTERESANTE COMEZAR CUNHA SAIDA EDUCATIVA Ó MUSEO DO "MAR DE VIGO "PARA VER A EXPOSICIÓN ADICADA "ANTONIO PALACIOS".

A GUIA FALOUNOS  DESTE GRAN ARQUITECTO, ENSINOUNOS A SÚA OBRA E DOS INSTRUMENTOS QUE NECESITAN PARA LEVAR A CABO OS EDIFICIOS.

 

                     QUE ESTUPENDAS QUEDARON AS NOSAS OBRAS.

              QUE BEN SENTÍMONOS Ó TRABALLAR EN EQUIPO

Distribuir contido


by Dr. Radut