Skip to Content

Voz natura

Pinga a pinga.Aprendemos os nomes das nubes

ESTE ANO NO NOSO PROXECTO VOZ NATURA TRABALLAMOS A AUGA E POR ISO COMEZAMOS OBSERVANDO AS NUBES E DESCUBRIMOS OS SEUS NOMES E AS SUAS DIFERENCIAS

 

COÑECEMOS Á VACA SOFÍA E Á TENREIRA LOLA

Os elefantes visitamos a casa da veciña Eugenia para coñecer a súa vaca e tenreira. Puidemos descubrir algúns dos coidados que necesitan estes animais (o que comen, onde durmen, qué beben, como recollen a herba que lle dan para comer... )

 

 

Batido de Mandarina, plátano e leite de amendoas

Despois de ir visitar ó avó Luis, coas mandarinas que nos deu fixemos un batido a clase dos Canguros.

Mercamos tamén plátanos e leite de amêndoas e fixemos un batido riquísimo.

 

 

Little Cloud by the Kangaroos

After reading the book: "Little Cloud" by Eric Carle the Kangaroos made their own puffly clouds using shaving cream mixed with glue. It was a lot of fun and their clouds came out beautiful!

IMOSA CASA DO AVÓ LUÍS. PROXECTO VOZ NATURA.

Chegou o inverno e o avó Luís invitounos a súa casa para apañar mandarinas para levar á escola e  poder degústalas cunha receita de cociña. Ó chegar alí, levamos unha gran sorpresa porque tíñannos preparado un lugar para almorzar e unhas chocolatinas.

Tamén dimos de comer as galiñas, vimos o porco e o can, recollemos mandarinas e xogamos no xardín.

PASÁMOLO XENIAL, MOITAS GRAZAS OS AVÓS POR AGASALLARNOS CUNHA MAÑAN TAN BONITA.

EXPERIMENTAMOS COAS ALGAS

Despois de atopar e recoller as algas na praia, ao chegar á aula investigamos un pouco para aprender sobre elas: os seus nomes, para que son boas... tamén as deixamos a deshidratar para ver qué lles sucedía e logo experimentar con elas na mesa de experiencias.

 

 

Ciclo da Auga. Proxecto Voz Natura

SEGUIMOS A TRABALLAR NO NOSO PROXECTO "PINGA A PINGA IMOS MEDRANDO", NESTA ACTIVIDADE QUIXEMOS QUE OS NENOS E NENAS FOSEN PINGAS E REPRESENTARÁN E SENTIRÁN CO SEU CORPO
O PROCESO DO CICLO DA AUGA.
AQUI PODEDES VELO.
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut