No mes de Decembro, os alumnos/as da Aula dos Canguros, participaron nunha iniciativa de Mel de Galicia.
Tiñan que escribir un conto onde a protagonista fora unha abella.
O concurso soamente era para alumnado de primaria, pero despois de entregar a nosa historia, foron seleccionados como gañadores .
O premio é unha casiña de insectos que chegará á escola durante este trimestre.
MOITAS FELICIDADES