Picoña

Novembro; mes da ciencia en galego

Boas familias!

 

Aquí estamos de novo, con algunha das actividades que fixemos ao longo do mes de Novembro. Coma podedes ver no título, Novembro, foi o mes da ciencia en galego. E Fedella e Artella, dúas coelliñas moi simpáticas, foron as encargadas de contárnolo. Podedes ver o seu vídeo no blogue da biblioteca. Premede aquí. 

 

 

Despois de ver o seu vídeo, decidimos que queriamos probar un dos seus experimentos, e intentamos facer esas eirugas tan simpáticas. Pero isto, non fixo máis que comezar. Entráronnos moitas ganas de facer experimentos e indagar con distintos materiais, así que as profes tivéronse que por as pilas para traernos máis cousas que facer. 

 

 

 

Os vasos comunicantes, máis que ciencia parecéronnos maxia. Como podía ser que a auga pasase  dun vaso a outro sen nada mais que unha palliña??

 

 

 

Con este experimentos encantounos descubrir o arco iris que se ía formando. Sorprendeunos que coa auga si que pasara e co leite non. Pero o que máis, máis, máis nos gustou... foi comer os lacasitos que nos sobraron, jajaja.

 

 

 

Este experimento da "Masa Non Newtoniana" si que nos encantou!! Xa sabedes que emporcar é o noso "deporte preferido", así que habendo que amasar e mancharse ben o éxito estaba asegurado. E sorprendémonos un montón cando comprobamos que mentre apretábamos a masa era como plastilina; pero que cando a deixábamos quieta derretíase e parecia como auga.

 

 

 

Pero sorprendente de verdade, foi cando inflamos un globo con vinagre e bicarbonato. Xa o pasamos ben enchendo o globo, a botella e demais preparativos, pero cando vimos o resultado... menudas caras de sorpresa!!

 

  

 

E con isto, demos por rematado o mes de Novembro e a ciencia. Chega o Nadal, e estamos traballando moitísimo, para darvos moitas sorpresas. Volvémonos a ler na publicación de Xaneiro.

 

Un sáudo a todas e todos e boas festas!!

 

QUE É ARTE?

Para os nenos e nenas da aula de Picoña, a arte é…

Feliz San Martiño!!!

Boas familias!! que tal estades??

 

Nos a verdade é que estupendamente. Esta semana o pasamos fenomenal!! O xoves celebrámolo Magosto, e os compañeiros e compañeiras de Barreiro invitáronnos a pasalo con eles na súa escola; así que en seguida nos puxemos mans á obra, para prepararlles un regaliño.

 

 

Despois de pintar as castañas e as follas para decorar os castañeiros que lles queriamos regalar aos compis de Barreiro, tivemos que porlle os nomes, para saber de quen era cada un.

 

 

 

Ao chegar a Barreiro fixemos un xogo para aprendernos todos os nomes, e así saber a quen lle fixeramos o regalo cada un, jajaja.

 

 

 

Tamén preparamos uns choripáns para merendar; cousa que foi súper divertida. Estirala masa... xogar a esconder o chourizo... Grazas profe Ana, por facérnolo pasar tan ben.

 

 

 

E por suposto papamos. Papamos abondo, que estaba todo boísimo!!

 

 

 

Grazas colaboradores por facernos unhas castañas tan estupendas!!!

 

 

 

Barreiro!! Estámosvos esperando de volta!!

 

 

A vendima na Picoña

 

Boas familias!!

Aquí estamos de novo para contarvos algunha das cousas que van pasando pola nosa parroquia. E sabedes que? Hai algúns días as profes volvéronse un pouco loquiñas, e empezaron a tramar algo mentres todas as nenas e nenos xogabamos no patio...

 

Para que serviría iso?? A nosa curiosidade foi en aumento a medida que iamos vendo de que se trataba.

  

 

Unha vez estivo montado, déronnos tixeiras e dixéronnos que tiñamos que pañar tódolos acios das uvas.

  

 

 

Logo separámolas uviñas nos tinóns: un para as uvas brancas e outro para as tintas.

  

 

 

Por suposto, despois pisámolas!! Foi super divertido, aínda que algún non lle apeteceu probala experiencias.

  

                                       

 

 

E por suposto, por último, probamos o noso mosto!! Saiunos unha colleita realmente deliciosa!!!

 

E xa temos argallada unha nova... así que non vos perdades a nosa próxima publicación!!

Benvidas e benvidos a un novo curso na aula de Picoña

 

Benvidas familias!! Benvidas pequenas e pequenos!!

 

Comeza un novo curso na aula de Picoña... moitas caras novas... profe nova.... pero esperamos que este curso sexa fantástico!!

 

Todos traemos moitas ganas, así que comezamos coñecendo os espazos: a zona do xogo simbólico coa cociña, o médico e os bebés... a zona dos animais coa súa alfombra de céspede... Pero non hai dúbida de que un dos preferido é PATIO!!

 

 

 

Tamén lles queremos dar moitísimas grazas ás familias polas doazóns recibidas, encántannos!!    

 

   

 

E tamén imos coñecendo e experimentando algúns materiais... pouco a pouco iremos amosando máis cousiñas, pero xa vedes que somos grandes ARTISTAS!!

 

 

Esperamos que vos vaia gustando o pouquiño que poidamos ir compartindo por aquí. Lémonos na próxima entrada!!

 

 

 

XUÑO

DISFRUTADE DO VERÁN!!!!!!!

 

 

MAIO

ÁFRICA

 

 

 

ABRIL

BENVIDA PRIMAVERA!!!!!!

 

MARZO

8 DE MARZO

DÍA DA MULLER

FEBREIRO

FELIZ DÍA DO AMOR!!!!

Distribuir contido

Back to top