Picoña

Novembro

E segunda parte do video de Outubro...

Segundo intento de Outubro...

OUTUBRO

Durante este mes fixemos moitas cousas e para mostra...

 

SETEMBRO

Abril, tempo de horta

Que tal familias!

 

Outro mes mais que estamos pasando por aquí, para contarvos algunha cousiña das que pasan na nosa escola.

 

E a cousa que nos apetece contar desta volta, é que pr fin estreamos a nosa horta!!!

 

                              

 

Tivemos que traballar moitísimo. Preparala terra, cortar os cadradiños do plástico, escoller que era o que queriamos plantar...

 

      

 

Ao final decidímonos por pementos, tomates, calabacíns, berenxenas e leitugas. A ver se nacen prontiño!!

 

    

 

Esperamos poder probar todo antes de marchar de vacacións.

O XARDÍN DOS ANIMAIS

"O XARDÍN DOS ANIMAIS"

 

Mes de Marzo cargado de experiencias novas

Que hai familias?

 

 

Novo mes, e nova publicación. O mes de marzo foi un mes intenso, pero del... creo que nos quedamos con dúas cousas.

 

Por un lado, celebrámolo mes da muller, e como estamos aprendendo moitas cousas sobre arte, coñecemos a distintas mulleres referentes nas diferentes disciplinas artísticas.

 

 

 

Da man de Olga de Dios achegámonos á literatura e á ilustración. E intentamos crear as nosas propias personaxes de conto.

 

         

 

 

Con Louise Bourgeois coñecemos a escultura. Fíxonos moita gracia que a esta muller a chamaran "a muller araña" coma se de spiderman se tratase. E por suposto... emulamos as súas famosas "Maman"

 

 

 

Impresionámonos moitísimo co ballet clásico de Tamara Rojo, e evidentemente puxemos moitísimo empeño en bailar coma ela.

 

E estas son solo algunhas das mulleres que entraron na nosa aula, para achegarnos un pouco máis de arte. Pero resulta que neste mes, tamén se celebraba a semana da prensa, e grazas ás vosas achegas, conseguimos moitísimos xornais!! Sodes impresionantes familias.

 

Con estes xornais, ademais de valernos para buscar mulleres neles e ver porque saían neles, tamén xogamos. Xogamos moitiiiiiiiisimo con eles.

 

 

        

 

E ata aquí o noso mes de Marzo. En nada estaremos de vacacións de Semana Santa, recargando pilas e repoñendo ideas para seguir desfrutando todos xuntos mentres aprendemos moito.

 

Saúdos!!

Entroido na Picoña

 

Boas familias!!

 

Outro mes que xa case se nos vai, e con el vaise o Entroido tamén aínda que nos dea mágoa. Pero por aquí, estamos ben satisfeitos do moitísimo que o desfrutamos.

 

Xa comezando polo gran baúl de disfraces que conseguimos con toda a vosa colaboración. Encantounos, e aínda nos segue encantando... non vos extrañe que tarden un pouco as cousas en volver á casa.

 

    

 

Pero sen dúbida, o máis divertido que nos pasou nestas datas, foi que por fin nos visitaron os compis e as compas de Barreiro. Estabamos desexando recibir a súa visita. E non vexades o ben que nolo montamos!!!!

 

Fixemos filloas...

 

      

 

 

Tamén estivemos decorando as nosas propias caras, e non vexades o artistas que estamos feitos e feitas!!

 

      

 

E para rematar un día tan xenial, non vexades menuda sorpresa que nos tiñan preparadas as profes!!

   

 

E por último, os chicos e chicas de Barreiro, xunto coa súa profe, nos trouxeron un regalo. A ver se pronto, todo sae ben e vos podemos desvelar que son... jijiji

 

 

 

Queremos darlle moitísimas grazas a todas as profes que nos axudaron nun día tan intenso: Sara, Patri, Lara...

 

E bueno... vai sendo hora de despedirnos... pero non sen ensinarvos o guapíiiiisimo que iamos no desfile, por se alguén non o puido ver.

 

 

 

Pero tamén temos que comunicar unha triste noticia... a profe Lara tivo que volver ao seu cole de maiores, e xa non está connosco no cole... Profe Lara eres xenial!! Estrañarémoste moitísimo!! Volve pronto!!!

 

 

Yayoi Kusama para tod@s!!

Ola familias!!

 

Arrincamos o trimestre con moito arte, como era de esperar, e é que estamos a coñecer a Yayoi Kusama unha artista de Xapón, que nos ten... loquiños!!

 

Comezamos vendo algún vídeo sobre a súa vida para coñecer un pouquiño sobre ela. E como era inevitable, a súa obra encantounos, polo que comezamos a buscar pola clase cousas que tivesen forma circular.

 

 

 

Despois estivemos varios días repasando e recortando círculos para preparar a nosa "habitación infinita".

   

 

E para repatar decoramos este novo recuncho, que forma parte dos nosos xogos.

 

   

 

Para rematar de decorar este espazo, tamén estivemos experimentando cos círculos sobre globos... menudo medo tiñamos a que explotasen!! E bueno... algún dos globos non chegou ao seu destino, pero volvémolo a intentar con moito coidadiño.

 

 

 

E para rematar, e que non se nos esqueza nada, imos recollendo pouco a pouco, algunhas das cousas que imos aprendendo.

 

   

 

Esperamos que vos teña gustado coñecer as nosas pequenas experiencias. Estaremos por aquí de volta o mes que ven!!

 

Distribuir contido

Back to top