4 anos A

Bo día familias 3A

Como estades familias?.Creo que a maioria de vos un pouco agobiadas con todas as propostas que vamos subindo a paxina web tanto do centro e dos destintos departamentos como da titora .Non vos agobiedes, son propostas  e algunhas non teñen data de realización ,por iso hoxe a proposta que vos plantexo é que vaiades a tras tanto nas propostas de aula como dos especialistas,apoios e biblioteca e podades elixir unha que vos guste, tanto si xa a fixestedes antes como si é a primeira vez.ANIMO ,a semana que ven temos moitas efimerides  que lembrar.A DISFRUTAR COA APRENDIZAXE.

 

 A Profe Luz

Bo día familias 3A

Bos días a todas e todos. Como estades? Desexo que todos e todas estedes estupendamente. A proposta de hoxe  espero que sea divertida e  moi creativa.

 Crearemos composicions coas formas xeometricas coñecidas. 

 Que son : circulo,cadrado,triangulo e rectangulo .

 Dibuxarémolas en diferentes tamaños, cantos maís mellor, en papeis, cartons e telas para as diferentes testuras.Podemos  colorear os cartons e papeis si o desexamos .Trataremos de usar materiais reutilizables( os cartons dos cereais, papeis de revistas e diarios..... o seguinte paso sera recortalos coa axuda da familia ,despois meterémolos todos en unha caixa e xa estamos listos para crear as nosas composicions.

   Pasade un maravilloso día.   Luz

Vivenciando a arte

Ola a tod@s,

 

Neste caso móstrovos unha serie de cadros de diferentes artistas galegos, así coma do ámbito nacional e internacional con obras adicadas ao mar, plantexándovos para estes días o seguinte reto:

Recrear estas obras con diferentes elementos que teñades nas vosas casas, coma teas, abrigos, almofadas... todo o que se vos ocorra, e logo podedes sacarvos unha foto para comparar o cadro orixinal coa vosa recreación, e se vos apetece compartila a través do correo da aula.

 

Adiante meus pequen@s artistas.

Apertas virtuales Luz

 

 

Bo día familias 3A

Hoxe luns día 27 de Abril.outro día mais convosco.Que tal onte? foste de paseo cun adulto? e o mais importante cumplistedes todalas normas?Eu espero que si sodes tod@s  moi responsables.BRAVO.

Hoxe a miña proposta e moi sinxela.Todos temos na casa un montonazo de calcetins, emparellados e desenparellados, papá ou mamá collera un grupiño de calcetins (ata 20)mais ou menos  e os escondera  por uns lugares da vosa casa, cando esten todos agoxados os nenos e nenas sairan de rastreadores  na percurra dos calcetins.

1- Buscaremolos todos.

2- formaremos as parellas.

3- intentaremo facer series, atendendo a distintos criterios: exemplo grande-pequeno,

ou grande-grande pequeno. tamen poden ser de cores:azul-blanco  ou os que vos plantexedes. Podedes enviarme fotos  da realizacion desta proposta, lembrovos o correo ---------luzaulaa@gmail.com.   

                                                              APERTAS VIRTUALES    LUZ

Bo día familias 3A

Hoxe vernes eiquí vos traio unha nova  proposta que espero que vos guste moito.Lembrade que tedes mais propostas  en apoios, especialistas e en orientación,coa a profe Lorena de P.T.

Pronto vades a poder saír un ratiño da casa e moi importante que tod@s cumplades as normas  e para iso temos que coñecelas moi ben, son faciles de aprender coas imaxenes que tedes na web do cole. ANIMO Risa.

A proposta para rematar a semana do libro é moi sinxela: coller todos os contos que teñades na casa e mergullarse neles.ESTADES. Como si forades vos un peixe no fondo do mar rodeados de outros animais mariños.E despois:

1_Clasificamolos por tamaños, grandes, medianos e pequenos. e coa axuda da familia contamos cada grupo e escribimos o numero.

2_Clasificamos por formas:cuadrados,rectangulares....... e tamen os contamos

3_Observamos ás portadas dos vosos contos e podemos inventar novas clasificacions

por ex.cores,a letra pola que comenza o titulo do conto......Sempre xustificando ás respostas. A pasalo BEN.

LEMBRADE O MEU CORREO ....luzaulaa@gmail.com            

                            LUZ

Bo día familias 3A

Hoxe comemorase o DÍA DA TERRA! ese planeta precioso e maravilloso donde vivimos.A terra a veces ponse triste e maliña, porque non a tratamos ben, ás persoas xeneramos demasiado lixo e non reciclamos.Eu sei que vos nenas e nenos tratades que a terra non este maliña e a coidades con moito mimo. Por iso a proposta de hoxe é:

Que durante todo o día coa axuda da familia seamos CONSCIENTES  e actuando con CONCIENCIA en todo momento, ademaís de reciclar  estudiemos cantos desperdicios xeneramos nos nosos fogares.ex: plasticos de envases de froitas e verduras do super,tetra-brik de leite, iogurest..... Tamen  reutilizaremos algún de eses envases para sembras sementes, por exemplo lentellas  que todo o mundo ten por casa e por ultimo de está proposta rexistraremos  o tempo que tardan en brotar as sementes.

  Unha aperta moi forte  e lembrade que toda aprendizxa ten que ser divertida.

BO DIA FAMILIAS AULA 3A

Un día mais convosco, preséntandovos novas propostas para realizar na casa e en familia.Estás son propostas abertas podendo amplialas ou modificalas según ás vosas circunstancias e os materiais que teñades a man.

¿QUE FLOTA? ¿QUE NON FLOTA? e o mais importante potenciar nos cativos os¿PORQUES?.

Materiais: recipientes de plastico de tamaños variados e cousiñas que teñamos  de diversos materiais( algodon, madeira, plastico ...).

Botaremos diferente cantidade de auga nos diferentes recipientes  e depois iremos introducindo as distintas cousiñas. ANIMO E A DISFRUTAR. BICOS.

Conto do Monstro Rosa

Bos días a tod@s,

 

Para comezar o trimestre farémolo traballando co conto do "Monstro Rosa", para o cal primeiro comenzaremos escoitando o conto.

https://www.youtube.com/watch?v=AiSc4Mbi-Co

https://www.youtube.com/watch?v=AC84zACRKic

 

Actividades de lóxico- matemática:

- Valoramos do 1 ao 9 canto nos gustou o conto.

- Observamos que forma ten o conto (cadrada, rectangular...).

- Contamos o número de follas que ten o conto e as personaxes que saen no mesmo.

 

Actividades de lecto- escritura:

 

- Observamos que letras coñecemos das que saen no conto.

- Con axuda de papá e mamá copiamos os nomes das personaxes que saen no conto.

- Identificamos que letras do nome das personaxes do conto son similares as do noso nome e cales diferentes.

 

Actividade de expresión plástica:

 

- Creamos a cor rosa coa axuda de pintura branca e vermella.

- Intentamos crear diferentes gamas de rosa variando a cantidade de pintura branca e vermella das nosas mesturas.

 

Actividade de psicomotricidade:

 

- Xogaremos na casa coa bici, a cal nos servirá para realizar un circuíto pola mesma onde debemos sortear diferentes obstáculos, como por exemplo rodear unha cadeira.

 

 

Ademais destas actividades, lémbrovos a todas as familias que dispondes de máis material, do

que podedes facer uso, nos diferentes apartados da web (Educación Musical, Educación Física,

Educación Relixiosa, Orientación, Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, Apoios, Equipos

de Dinamización da Lingua Galega, Dinamización de Convivencia e Biblioteca). 

Benvidos ao 3º trimestre

Bos días nenos e nenas!

Nestes días tocou despedir a profe Judit e temos de novo connosco a profe Luz.

Voltamos cunha morea de actividades; desexamos que vos gusten. 

 

Unha aperta para tod@s!

 

 

Oitava proposta de actividades (03.04.2020)

 

Bos días familias!!

 

Última publicación do trimestre. Esperemos que a nosa próxima “clase” xa poida ser presencial e non a través da pantalla. Tamén espero que todas estas propostas, xogos e actividades que vos fun achegando ó longo destas semanas foran de utilidade e que as desfrutarades ó máximo.

 

Velaquí as de hoxe:

 

                *LECTOESCRITURA.  Desta temos un novo obradoiro de grafismo para que esas manciñas se poñan a ton antes de irnos de vacacións. Soamente vou a dar unha premisa, quero un folio branco e que o enchan de moitísimas flores moi coloridas. Non quero que lle ensinedes a debuxar flores, quero que eles fagan o que para eles é unha flor. Moitas veces queremos ver nos debuxos dos mais pequenos a nosa concepción da realidade, cando eles teñen unha visión completamente diferentes e non por elo está mal. Deixo algún modelo, pero repito, non quero nin que copien nin que les debuxedes vos; deixade que se expresen libremente.

  

 

                    *LOXICO-MATEMÁTICAS. Voltaremos a xogar coas formas xeométricas. Terán que prestar atención as cousas que están ó seu redor, e tratarase de que identifiquen que obxectos cumpran o requisito que vos lle indicaredes, que pode ser positivo ou negativo; é dicir, “busca na habitación algo que sexa redondo” ou “busca na habitación algo que non sexa redondo”. Son conceptos moi complicados e é moi fácil que se equivoquen pero lembrade que non lle debedes de dicir que está mal, senón preguntarlle porque escolleu ese e se ese que escolleu de verdade cumpre o requisito que vos lle dixéstedes. O mesmo se pode traballar coas cores. Póñovos imaxes de como se traballaría na clase cos bloques lóxicos, pero no voso caso farédelo sempre oral e sinalando os obxectos; e a poder ser apoiándovos nos modelos que debuxástedes anteriormente.

  

                 *CONTO.  Con respecto ó conto hai unha pequena sorpresa. Houbo algunha mami que me dixo que o seu peque non se lembraba de min (normal... case nin me viu) polo que ó final deixei a un lado a vergoña e decidín ser eu a que lle conte o último conto en persoa. Déixovolo adxuntado a esta publicación.

 

                *PSICOMOTRICIDADE FINA. Esta vez para traballala psicomotricidade fina non ides a necesitar mais material que a roupa que teñan no armario. Imos a xogar a abotoar e desabotoar todo o que encontren e a subir e baixar cremalleiras. Non é preciso que teñan as prendas de vestir postas, podédelas estender enriba da cama ou da mesa e deixalos facer. Comezade polos botóns máis grandes que teñades e logo xa iremos diminuíndo en tamaño. E logo... a recoller!! Dobrar a roupa é tamén unha tarefa moi importante.

     

 

              *EXPERIMENTO. Receita do biscoito para Gato Pelado. Espero que vos guste tanto como a el e a Cocorico, o que tamén vos deixo aquí enlazado.

Envíovos moitos choquiños de cóbado e moita forza para esta semaniña!!!

Distribuir contido

Back to top