4 anos A

Felices festas familias!

Aqui vos deixo as fotiños que quitamos para facer as nosas postais de Nadal. 

Deséxovos uns días moi felices nos que podades desfrutar de tempo de calidade en familia e que se cumpran todos os vosos desexos para o 2024. 
Con cariño, a profe Sheila. 

Atarefada última semana de trimestre!

Na última semana deste 2023 vivimos uns días ben atarefados!!

O luns xa eu mo esperaba... Simulacro de incendio!! E cóntovos que de novo fomos os primeiriños en saír!!

O martes visitáronnos as elfas de Papá Noel e con moita ilusión lles explicaron o que querían que lle trouxera, pero tamén se acordaron do apalpador. 
O mércores despois dunha longa e desexada espera... merendaron os churriños con chocolate, como se puxeron!

Finalmente o xoves pechamos o primeiro trimestre ben engalanados e cun video que nos fixo Ara tomamos os 12 gusanitos con tod@s @s compis da sede. 
Aqui vos deixo algunhas fotiños que resumen estes momentos, agardo que as desfrutedes!

Saída ao auditorio

Este primeiro trimestre acercámonos ao auditorio para desfrutar dun magnífico concerto no cal o eixo central eran os debuxos animados que nos están a acompañar este curso. 
Pasárono fenomenal e cando tocou o turno dos pokemon case se ven abaixo o auditorio ca sú emoción. 
Deixovos un pequeno collage da saída. 

Ás contra a discapacidade

Desde finais de novembro tanto a nosa aula como todas as aulas do CRA estivemos traballando para crear unhas ás para Ara. 
Como xa sabedes, Ara ten super poderes para loitar contra as malas accións. Cando ten que salvar a alguén desprega as suas super ás ou o seu super escudo. 
Por iso entre todos quixemos crear unhas ás especiais, para que calquera de nos poda acudir aos super poderes cando os necesite e asi, lootar contra as inxustizas si as houbera. 
"A discapacidade é a capacidade de ser extraordinariamente capaz "

ÚLTIMAS VISITAS ANIMADAS!

Aquí un resumiño das ultimas dúas visitas do proxecto.

Viñeron á aula a mamá de Xana e a avoa de Lucas Fernández. Ambas nos contaron cousas moi interesantes sobre os debuxos!!

Iria amosounos  os seus favoritos: “Los picapiedra”, “David el gnomo” e “Los pitufos” e ademais púxonos una liña do tempo na que puidemos ver que os debuxos son cíclicos e que se repiten cos anos… se modernizan…

A avoa Alicia falounos sobre Willy Fog e as súas incribles aventuras, fixo que todos désemos á volta ao mundo!!!

Mil gracias por axudarnos neste proxecto familias!!

Contamos cunha super profe para o proxecto dos debuxos

Hoxe venres visitounos a avoa de Martín Fernández. 
Axudounos a seguir coñecendo os debuxos de antes e fíxoo cunha elegancia e boa man digna de admirar, e que claro... a avoa de Martín foi profe!!

Trouxonos unha excepcional presentación sobre a tele cando ela era nena, mostrounos unhas fotiños da súa infancia e ensinounos os debuxos da súa época!

Ninguen coñecía a familia Telerín nin os Chiripitiflauticos, pero case todos sabían as cancións xa que esas retahílas seguen pasando de avós, a pais e fillos. Despois colorearon a Cloe e a Cuquín e buscaron entre os seus nomes as letras dos seus propios. 


Hoxe foi un gran día para Martín xa que tamén celebramos o seu aniversario, xa é un entrenador pokemon de nivel 4!!

 

Desde aquí quero darlle as gracias e a noraboa a avoa Sara, foi un absoluto placer contar hoxe contigo!

Seguimos investigando

O xoves tivemos a visita do papá de Lucas Cortés. 

Axudounos no noso proxecto dos debuxos contándonos cousas moi interesantes!

Os peques comprenderon o paso do tempo e os avances cando Rubén nos explicou que cando era neno solo había unha tele e un ratiño de debuxos ás tardes: había que ver os debuxos que salían e compartir o tempo de tele cos irmáns. 

Non como agora que podemos escoller que ver e cando velo. 

 

Mostrounos os seus debuxos favoritos: Oliver e Benji e Os Dinosaurios. A canción de Oliver e Benji foi todo un triunfo, ao igual que os debuxos que nos trouxo para colorear.

 

Mil gracias!

! 

ENTRENADORES POKEMON EN PLENA INVESTIGACIÓN

BOA TARDE FAMILIAS!

Como xa sabedes, este curso estamos moi ocupados cos debuxos animados, a clase de 4 anos A convertiuse na clase Pokemon.

Todos os nosos traballiños están relacionados con esta temática, pero non queremos quedarnos sen coñecer mais cousas sobre os debuxos.

A nova prota da biblio, Ara, trouxonos unha maleta de investigación na que descubrimos moitas cousas alucinantes... vaia traballo levaban antes para facer debuxos!!!

Unhas palabras ben raras: taumatropo, praxinoscopio, flipbook... ahí queda eso!! Preguntádelles @s peques que pronto vos explican...

Envoltos como estamos nesta investigación, precisamos axuda! E esta comeza a chegar a aula.

A familia de Aldara mandounos un mural chulísimo no que recollen os seus debuxos favoritos da infancia.  Oito debuxos dos que @s peques so coñecían dous!!! E a profe sete, que nos quiten lo bailao Guay

Hoxe Ángela, a mamá de Valeria, visitounos e fíxonos unha presentación excepcional sobre Mickey Mouse, debuxos nos que sen dúbida se pode apreciar o paso do tempo e a evolución de técnicas.

Ademais trouxonos uns dibus para pintar e unhas pegatinas!!! Mil gracias Ángela.

Mañá temos nova visita, que será será...

 

Visita de Anxo Moure polo magostiño

O pasado martes celebramos o magosto, pasado por auga!

O tempo non nos permitiu celebralo todos xuntos... pero comer comeron as castañas, foron cheiños para casa! Tanta gana de castañas tiñan que nin foto sacamos!

Si que temos unhas fotiños de recordo da actuación de Anxo Moure que con extremo cariño e delicadeza nos fixo bailar, cantar e comprender o importantes que son as árbores.

Taller de globoflexia

Hoxe desfrutamos do sol (xa non o lembrábamos) e fixemos un taller de globoflexia ca axuda do profe Abraham. 
Os globiños foron un agasallo de Neyzan e da súa familia, moitas grazas!!

Distribuir contido

Back to top