Pedagoxía terapéutica
XOGO DE INFERENCIAS II
Posted Outubro 24th, 2021 by profe8Bos días:
Hoxe comparto con vos, un segundo xogo de inferencias (o primeiro podedes atopalo na primeira páxina de publicacións da especialidade de PT). Os dous xogos teñen a mesma dinámica, vos ledes o enunciado e o neno/a ten que elexir a opción correcta. Para comezar pinchade en presentar na parte de arriba da páxina.
Inferir require atención, pero sobre todo razoar a resposta correcta que non está directamente explícita no enunciado.
Saúdos
Lorena
Mestra de Pedagoxía Terapéutica
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CLASIFICACIÓNS
Posted Septembro 30th, 2021 by profe8Facer clasificacións é unha boa maneira de traballar conceptos básicos como cores, formas, posicións no espazo. De maneira lúdica, con movemento, e xogando, tamén aprendemos.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
PROPOSTAS DE VERÁN
Posted Xuño 17th, 2020 by profe8Bos días:
Está a piques de rematar este curso tan complicado e estraño pola situación que vivimos estes meses e quero aproveitar esta publicación para recomendarvos diferentes páxinas web e enlaces para que sigades xogando e aprendendo este verán.
XOGOS EN LIÑA
TRABALLO EN MESA
MANUALIDADES
Agardo que todos estes recursos vos sexan de axuda e que disfrutedes moito este verán.
Unha aperta enorme
Profe Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CONTRARIOS
Posted Xuño 15th, 2020 by profe8Bos días:
Comeza a última semana do curso, e para este luns a miña proposta é un xogo para traballar o autocontrol e a atención. No enlace tedes a explicación da actividade, despois de ler pinchade donde pon "ingresar aqui para acceder a las actividades go-no go" e vai comezar a descarga dunha presentación de power point, abridea e seguide as instruccións dos xogos.
A ver que tal vos saen.
Saúdos
Profe Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
XOGAMOS COS CONCEPTOS BÁSICOS
Posted Xuño 12th, 2020 by profe8Bos días:
Para rematar esta semana fágovos unha proposta de xogos en liña, para traballar os conceptos básicos e mellorar a orientación espacial e temporal.
No enlace tedes o xogo, e se navegades pola páxina atorades moitos máis xogos de atención, números, letras....
Agardo que vos guste e que disfrutedes aprendendo.
Unha aperta
Profe Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DEBUXOS INCOMPLETOS
Posted Xuño 9th, 2020 by profe8Bos días:
A proposta de hoxe é que vos fixedes ben nos debuxos do adxunto, posto que están incompletos, fáltalles algunha parte moi importante. Cando saibades qué lle falta, debuxadeo e despois podedes colorealo como máis vos guste.
Saúdos
Profe Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
TRABALLAMOS A ATENCIÓN CON SILUETAS
Posted Xuño 7th, 2020 by profe8Ola!!!
A proposta de hoxe é seguir traballando a atención, esta vez mediante a búsqueda de siluetas iguais ao modelo, que aparece nun recadro na parte superior á dereita.
Saúdos
Profe Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DOMINÓ
Posted Xuño 5th, 2020 by profe8Bos días:
Rematamos outra semana de traballiños cun dominó de animais para xogar toda a familia.
Que pasedes unha boa fin de semana.
Profe Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ATENCIÓN
Posted Xuño 3rd, 2020 by profe8Bos días:
Imos continuar traballando os procesos cognitivos básicos (atención, percepción e memoria), hoxe mediante un par de fichas que están no ficheiro adxunto.
Saúdos
Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
XOGOS DE MEMORIA
Posted Xuño 1st, 2020 by profe8Bos días e bo comezo de semana!!
Hoxe compártovos unha páxina para xogar en liña ao memory ou ao Simon dice, doús xogos que nos permiten traballar a atención, a concentración e a memoria. Hai diferentes niveles de dificultade en cada xogo para que xoguedes toda a familia, e incluso ten un apartado para imprimir as tarxetas do memory de diferentes temas.
Agardo que vos guste a proposta de hoxe.
Recordarvos que vos podedes poñer en contacto comigo mediante o correo electrónico a loreptfergo@gmail.com
Saúdos
Profe Lore
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas