Pedagoxía terapéutica

XOGOS EN LIÑA PARA ESTE NADAL

Boas familias:

Neste final de trimestre quería compartir con vos, unha serie de xogos educativos para xogar en liña estes días de vacacións.

Para ir a páxina dos xogos preme AQUI

Desexarvos unhas moi felices festas e vémonos o vindeiro ano!!!

BO NADAL!!

A profe Lore

EXERCICOS DE ATENCIÓN SOSTENIDA

Boas familias:

Hoxe quero compartir con vos un material para traballar atención sostenida, é dicir o feito de manternos concentrados durante un tempo continuado. Son exercicios moi doados.....se somos capaces de concentrarnos claro!!!

Agardo que vos sirvan.

Saúdos

A profe Lore

TRABALLAMOS A ATENCIÓN

Boas familias:

 

Comezamos un novo curso 2022/23 e hoxe traiovos un enlace a unha páxina con moitísimos materiais para traballar a atención. So tedes que premer no enlace.

AQUI

 

espero que vos guste e vos sirva

Saúdos

Lore

ACTIVIDADES PARA O VERÁN

Estimadas familias:

Chegamos xa ao final deste curso 2021-2022, dende esta especialidade este ano traballamos moito con diferentes materias de inferencias, para axudar as cativas e cativos a deducir, sacar información, procesar e decidir a opción correcta.

Foron actividades que tanto xogando na pantalla dixital como en formato papel, os nenos e nenas desfrutaron e gústaronlles moito. Por iso esta última publicación do ano é para compartir con vós algúns deses materiais por se queredes xogar na casa este verán

Que disfrutedes moito das vacacións e vémonos en setembro.

Bicos e apertas!!!!!

A profe LORE

INFERENCIAS

Bos días:

Hoxe quero compartir con vós, un enlace a varios xogos de preguntas e respostas para que xoguedes en familia. Vós ledes e os nenos/as responden.

Como veredes no enlace hai moitos e de dificultades diversas, usade o que mellor se adapte as vosas necesidades.

Espero que vos guste.

Para ir á páxina premede AQUI

MINIARCO

Hoxe quería ensinarvos este material, o miniarco, é un xogo para traballar a concentración, o pensamento abstracto e a motricidade fina. Ten diferentes libros para todas as idades que nos permiten traballar matemáticas, lectura, conceptos básicos...

O mecanismo do xogo é sempre igual o que permite aos nenos e nenas facelo sen axuda e comprobar se o fixeron ben.

INFERENCIAS

Bos días:

Non é a primeira publicación que fago sobre o tema das inferencias, é importante traballar este aspecto porque desenvolve a deducción e o razoamento.

Hoxe comparto outro xogo de inferencias, recollido da páxina de SuperPT, ten moitos xogos e materias para traballar na casa de maneira divertida e en familia, se tedes tempo botádalle un ollo que é moi interesante.

Para entrar no xogo pinchade AQUI e dádelle o botón de presentación. 

Agardo que vos guste esta proposta.

Saúdos

Lore

 

 

 

XOGOS EDUCATIVOS

Ola!!!!

Este mes quero recordarvos o uso axeitado das tecnoloxías, son un recurso moi beneficioso posto que aos nenos e nenas encántalle xogar no ordenador ou na tableta e podemos usalo para traballar moitas cousas como a atención, a memoria, os conceptos básicos, aprendizaxes curriculares, etc...

No seguinte enlace tedes unha proposta de xogos, premede AQUI para ir á páxina.

 

ACTIVIDADES PARA NADAL

Xa estamos chegando ao final deste trimestre e do ano 2021.

Dende o Departamento de Orientación fixemos unha compilación de actividades para estar entretidos e seguir aprendendo nestas vacacións de Nadal.

Que desfrutedes destas festas e que teñades un moi bo comezo de ano novo.

BO NADAL E ATA O 2022!!!

Damián, Sara e Lore

 

Pinchade AQUI e abriránse as actividades nunha nova xanela.

APRENDIZAXE POR IMITACIÓN

A imitación é unha boa maneira de reforzar ou de adquirir novas aprendizaxes, xa que se combinan a atención (ver o que fai o que está diante), a retención ou memoria (recordar esa acción) e a reprodución motora do que se recorda (facer o mesmo que acabo de ver).

Cabe recordar que a maior parte das condutas que amosan os nenos/as son imitacións das condutas observadas nos adultos de referencia.

Distribuir contido

Back to top