Responder ó comentario

PODCAST: "Pasen e escoiten"

As conversas de aula son algo dinámico, divertido, no que se abordan temas diversos e no que cada quen aporta o que lle apetece respecto do que se estaba a falar ou comeza unha nova cuestión. Son momentos de aprendizaxe porque expresamos o que nos ocorre, o que pensamos, o que sentimos; porque temos que aprender a escoitar e a respectar a quenda de quen fala; porque podemos aprender sobre o foco de conversación ou porque podemos xerar ganas de aprender. 

En moitas ocasións, esas conversas son tan ricas que tivemos unha idea, empregar as posibilidades que nos ofrece a radio gravándoas e compartíndoas.

Así xurde este pequeno proxecto: unha serie de podcasts no que escoitaredes a un grupo de nenos e as nenas conversar sobre temas moi diversos. 

O propósito do mesmo: expresarnos, falar, gravarnos, escoitarnos, descubrir cómo se nos oe e cómo podemos facer para que se nos entenda mellor, presentar aos demais as nosas dúbidas e abrir ás portas da aula a quen nos quera axudar a comprender aquilo que non sabemos.

Velaquí está o noso primeiro capítulo no que reflexionamos sobre a cuestión: de onde veñen os nenos? 

Desfrutádeo!

 

 

Se vos apetece colaborar con nós podedes dirixirvos ao correo: anabelenperezmartinez@edu.xunta.es
 
Permanecede atentos!

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
2 + 8 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top