Responder ó comentario

MALETAS VIAXEIRAS - CURSO 2023/2024

MALETAS VIAXEIRAS

Estimadas familias,

O martes 31 de outubro de 2023 comezaremos cos préstamos das MALETAS VIAXEIRAS. Tedes a información ó final da publicación para reservalas. 

 

A biblioteca dispón de seis maletas que contan con diferentes recursos educativos (dous xogos educativos, un libro pedagóxico para adultos, un libro musical, un libro en inglés, outro en galego e un conto en castelán).

 

MALETA VIAXEIRA 1

 

MALETA VIAXEIRA 2

 

 

MALETA VIAXEIRA 3

 

 

MALETA VIAXEIRA 4

 

 

MALETA VIAXEIRA 5

 

 

MALETA VIAXEIRA 6

 

 

INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DAS MALETAS VIAXEIRAS

Destinatarios:todo o alumnado do CRA Raiña Aragonta.

Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecaaragonta@gmail.com indicando o nome do alumno/a, a aula no que están matriculados e día que prefiren recoller as maletas (martes ou xoves).

Confirmación: unha vez realizada a solicitude, a familia recibirá un correo electrónico informándolle o día exacto que comeza o préstamo.

Duración: o préstamo será dunha semana.

Recollida e devolución: a familia será a encargada de recoller e entregar a maleta na biblioteca do CRA Raiña Aragonta.

Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 17:00 a 17:30. Comezará o 31 de outubro de 2023 en adiante.

Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
10 + 2 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top