MALETAS VIAXEIRAS - CURSO 2023/2024
MALETAS VIAXEIRAS
Estimadas familias,
O martes 31 de outubro de 2023 comezaremos cos préstamos das MALETAS VIAXEIRAS. Tedes a información ó final da publicación para reservalas.
A biblioteca dispón de seis maletas que contan con diferentes recursos educativos (dous xogos educativos, un libro pedagóxico para adultos, un libro musical, un libro en inglés, outro en galego e un conto en castelán).
MALETA VIAXEIRA 1
MALETA VIAXEIRA 2
MALETA VIAXEIRA 3
MALETA VIAXEIRA 4
MALETA VIAXEIRA 5
MALETA VIAXEIRA 6
INFORMACIÓN SOBRE A RESERVA DAS MALETAS VIAXEIRAS
Destinatarios:todo o alumnado do CRA Raiña Aragonta.
Solicitude:mediante correo electrónico á seguinte ligazón bibliotecaaragonta@gmail.com indicando o nome do alumno/a, a aula no que están matriculados e día que prefiren recoller as maletas (martes ou xoves).
Confirmación: unha vez realizada a solicitude, a familia recibirá un correo electrónico informándolle o día exacto que comeza o préstamo.
Duración: o préstamo será dunha semana.
Recollida e devolución: a familia será a encargada de recoller e entregar a maleta na biblioteca do CRA Raiña Aragonta.
Horario: os martes de 16:00 a 17:00 e os xoves de 17:00 a 17:30. Comezará o 31 de outubro de 2023 en adiante.
Deterioración ou perda de material: as familias serán as responsables dos danos ou perdas que poidan sufrir os materiais mentres dure o préstamo.
- %count lecturas
Comentarios
Enviar un comentario novo