Skip to Content

Circular nº 11

CIRCULAR  Nº 11

 

·         Reparto de froita

 

A vindeira semana, do 7 ao 11 de maio, levarase a cabo o reparto de froita gratuíto nos recreos que corresponde á campaña promovida polo FOGGA. Os alumnos que o desexen poderán coller unha peza de froita das cestas que haberá no comedor no tempo de recreo da mañá.

 

·         Avaliación de diagnóstico

 

O próximo mércores 9 e o xoves 10 de maio desenvolverase no noso centro no nivel de 2º ESO a avaliación de diagnóstico, segundo as instrucións ditadas pola Consellería de Educación. O obxectivo desta proba é avaliar as competencias matemática, lingüística e de coñecemento e interacción co mundo físico. Os alumnos deberán cubrir uns cuestionarios para avaliar as súas competencias que serán comúns a todos os centros da comunidade autónoma.

Pregamos ás familias colaboración contribuíndo a concienciar aos seu fillos da importancia de cubrir estas probas con seriedade. De xeito que sirvan para avaliar o nivel real do noso alumnado, o que nos servirá para analizar os nosos puntos débiles e fortes e elaborar un plan de mellora.

 

·         Concurso “Un mundo de árbores”

 

No centro queremos celebrar o día 5 de xuño o Día do Medio Ambiente en colaboración co concello. O pasado 16 de abril os alumnos de infantil e primaria fixeron unha plantación de frutais no Arboretum. Esta vez queremos facer unha plantación virtual coas fotografías que nos enviedes de árbores que comparten as nosas vidas. Podedes colaborar cos vosos fillos. As bases do concurso quedarán expostas na páxina web do centro.

 

San Sadurniño, 4 de maio de 2012

 

 

 

 

Julia Ríos Grueiro

A Directora



book | by Dr. Radut