Skip to Content

Circular nº 12

CIRCULAR  Nº 12

 

·         Día non lectivo: 18 de maio

 

Recordamos que o venres 18 de maio é un dos días elixidos polo centro como día non lectivo. O xoves 17 é o Día das Letras Galegas, tampouco é lectivo.

 

 

·         Avaliación de diagnóstico en primaria.

 

A próxima semana desenvolverase no noso centro no nivel de 4º de primaria a avaliación de diagnóstico, segundo as instrucións ditadas pola Consellería de Educación. O obxectivo desta proba é avaliar as competencias matemática, lingüística e de coñecemento e interacción co mundo físico. Os alumnos deberán cubrir uns cuestionarios para avaliar as súas competencias que serán comúns a todos os centros da comunidade autónoma.

Pregamos ás familias colaboración contribuíndo a concienciar aos seu fillos da importancia de cubrir estas probas con seriedade e cubrindo os cuestionario sobre as familias. De xeito que sirvan para avaliar o nivel real do noso alumnado, o que nos servirá para analizar os nosos puntos débiles e fortes e elaborar un plan de mellora.

 

·         Obradoiro sobre os perigos de Internet

 

O xoves 24 de maio ás 17:00 na casa da cultura de San Sadurniño, un formador da garda civil impartirá un obradoiro sobre os perigos de internet.

O departamento de orientación anima a todos os pais e nais do alumnado do CPI San Sadurniño a asistir xa que é un reforzo da charla que xa recibiron os nosos alumnos sobre o tema.

 

·         Concurso “Un mundo de árbores”

 

Queremos recordar que o centro celebrará o día 5 de xuño o Día do Medio Ambiente en colaboración co concello. Queremos facer unha plantación virtual coas fotografías que nos enviedes de árbores que comparten as nosas vidas. Podedes colaborar cos vosos fillos. As bases do concurso quedarán expostas na páxina web do centro: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpisansadurnino/node/98

 

San Sadurniño, 15 de maio de 2012

 

 

 

 

Julia Ríos Grueiro

A Directora



book | by Dr. Radut