O CPI DE SAN SADURNIÑO ACADOU O PREMIO O EMPRENDEMENTO NO CONCURSO DE ROBOTICA FIRST LEGO LEAGUE

Nunha intensa xornada que comezou ás 9 da mañá e rematou ás 14:30 horas, o alumnado do obradoiro de robótica do CPI de San Sadurniño, acompañados polas profesoras responsables do proxecto, participou no concurso FIRST LEGO LEAGUE que se tivo lugar no campus de Esteiro da cidade departamental. 

O froito do intenso traballo realizado neste último mes polo alumnado e profesorado do centro veuse recompensado polo PREMIO Ó EMPRENDEMENTO recibido no día de hoxe. 

Noraboa a todos polo seu traballo.

alumnoscompeticion

 

Dous alumnos se preparan para comezar a competición

O equipo trata de resolver pequenos problemas entre pase e pase do concurso

Un alumno e unha alumna antes de comezar o segundo pase da competición

 A prensa local tamén se fixo eco do acontecemento:

www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/first-lego-league-convirtio-campus-escaparate-talento-tecnologico/20150228213338116425.html