ACTOS 40 ANIVERSARIO DO CPI DE SAN SADURNIÑO

40 anos
O vindeiro 10 de decembro o noso centro cumpre 40 anos, con este motivo estamos a organizar distintos actos, abertos á participación de todos vós, para conmemorar tan sinalada data:
  • Exposición fotográfica: “40 anos de escola pública en San Sadurniño”. Ata o día 18 de decembro na sala de exposiciones da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño.

  • Concerto musical pop-rock dos grupos Vodevil e Evolet (exalumnos). O vindeiro sábado día 30 de novembro de 20,00 h. ata 22,00 h. No salón de actos da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño.

  • Elaboración dun mural conmemorativo no pechamento exterior do centro.

 

  • Mesa redonda- coloquio: “40 anos de escola pública en San Sadurniño”, o día 10 de decembro de 2013 as 17,45 h. no salón de actos da Casa da Cultura do concello de San Sadurniño. A continuación, copa de viño español servida no comedor do centro.

  • Recopilación de fotografías destes 40 anos. Estamos a dixitalizar fotografías antiguas coa colaboración de profesores xubilados. Ó remate crearemos un álbume dixital onde, a través da nosa páxina web, poderedes acceder á colección de fotografías. Vós tamén podedes aportar fotografías do voso paso polo centro e contribuir así a este banco de imaxes compartido. Para compartir fotografías poñédevos en contacto con Crisanto ou facédellas chegar a calqueira membro do equipo directivo, nós nos encargaremos de dixitalizalas.