Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares

Aberto prazo para presentar proposicións, suxestións ou recomendacións: do 25 de abril ao 3 de maio.

Enlace á páxina web da Consellería de Educación onde se pode consultar toda a información

O claustro do CPI San Sadurniño manifesta o seu rexeitamento ao proxecto de comedor onde se desvincula a gratuidade do servizo ao feito de ser usuario do transporte escolar polos seguintes motivos:

-Un alumno non pode ser obrigado a pagar un servizo complementario necesario para a súa escolarización. Nas zonas rurais con alumnos transportados a longas distancias non teñen garantizada a súa escolarización sen o acceso aos servizos complementarios.

-A cambiante situación económica actual dificulta o establecemento do baremo ao longo polo menos dun curso escolar.

-Non establece que medidas tomarán as direccións dos centro cos alumnos que manifesten o seu desexo de non utilizar o servizo de comedor.

TÁBOA RESUMO DOS DIFERENTES TIPOS DE USUARIOS SEGUNDO O NIVEL DE RENDA

 

 

RENDA FAMILIAR ANUAL NETA PER CÁPITA

CANTIDADE A ABOAR

ZONA DE INFLUENCIA

Menor de 7000€

GRATUIDADE

1 ou 2 menores

Entre 7000,01€ e 8000€

1€

3 menores

Igual ou superior a 7000,01€

1 ou 2 menores

Entre 8000,01€ e 9000€

2,50€

1 ou 2 menores

Igual ou superior a 9000,01

4,50€

FÓRA DA ZONA DE INFLUENCIA

(independentemente da renda)

4,50€